Inicio Destacado O Pacto Social de AquaOurense presenta iniciativas concretas para mellorar a inclusión,...

O Pacto Social de AquaOurense presenta iniciativas concretas para mellorar a inclusión, a accesibilidade e o emprego na provincia

Reunion do Pacto Social de AquaOurense 2

As entidades da mesa de traballo de Solidariedade e Emprego poñeron esta mañá en común propostas sobre formación, accesibilidade universal, concienciación medioambiental ou relativas á contratación pública

Estas iniciativas pasarán proximamente polo comité executivo do Pacto Social de AquaOurense para a súa aprobación e planificación

Na reunión celebrada no Salón de Plenos do Pazo Provincial participaron actores principais do armazón social ourensán coma a ONCE, Cruz Vermella, Cegasal, a Universidade de Vigo, a Deputación, AquaOurense ou Viaqua

Ourense, 22 de xuño de 2022.- O Salón de Plenos da Deputación de Ourense acolleu esta mañá a celebración dunha mesa de traballo de Solidariedade e Emprego do Pacto Social AquaOurense, na que participaron algunhas das principais entidades do armazón social da provincia.

Na reunión participaron por parte da Deputación de Ourense a deputada Luz Doporto, Javier Bobe, María Sabas, Luis Viejo e Ángeles Cantón; o director da ONCE en Ourense, Jesús Sánchez; Ángela Ramallo e Marisa López de Cruz Vermella; a vicerreitora do Campus de Ourense, Elena Rivo, e o profesor Alberto Vaquero; María Seoane por parte de Cegasal; Ana Teijeiro, Leticia Rodríguez e Sonia Delpont, de Viaqua e Víctor Comesaña por parte de AquaOurense.

Leer más:   Manuel Baltar celebra presentar a Ourense Film Commission cos "deberes ben feitos": "A nosa aposta polo audiovisual é completa"

O Pacto Social, promovido por AquaOurense, a empresa mixta formada pola Deputación de Ourense e por Viaqua, ten como obxectivo dar resposta aos novos retos sociais e económicos derivados da crise sanitaria e da crise climática, apostando pola solidariedade, o emprego de calidade e a reconstrución verde na provincia de Ourense. O tecido empresarial e social de Ourense xoga un papel fundamental no Pacto Social, a través da cooperación e o diálogo que se está levando a cabo a través da celebración de mesas de traballo.

Despois de varios meses de diálogo e traballo entre as distintas entidades que forman o Pacto Social, celebrouse unha mesa de traballo centrada en accións do eixo Solidariedade e Emprego, onde se presentaron iniciativas dende os diferentes prismas.

AquaOurense propuxo a formación sobre o ciclo integral da auga para persoal de mantemento das entidades locais, coa finalidade de realizar unha formación continua e programada para o persoal encargado do ciclo da auga.

Leer más:   César Fernández asiste á inauguración da Feira do Viño do Ribeiro

A ONCE presentou a iniciativa de accesibilidade universal en instalacións públicas. Propoñendo eliminar as barreiras de accesibilidade, co obxectivo de facer a vida das persoas máis autónoma e digna, fomentando a súa inclusión social en igualdade de condicións.

Por parte de Cruz Vermella, falaron da necesidade de sensibilizar á cidadanía no ciclo integral da auga. O fin desta iniciativa é concienciar á poboación do valor da auga e a importancia de realizar un consumo responsable da mesma. Para iso, debido a situación de seca da provincia, xa se está a poñer en marcha, da man de AquaOurense e da Deputación de Ourense, unha campaña con consellos sobre como facer un uso responsable da auga no fogar. A finalidade deste proxecto é chegar ao público xeral con estas campañas e aos máis cativos a través de diferentes obradoiros que levarán a cabo persoal voluntario de Cruz Vermella e AquaOurense en centros escolares do rural.

Leer más:   A Deputación colaborará na mellora de comunicacións e espazos de lecer en Piñor

Por último, Cegasal propuxo fomentar a inclusión en licitacións públicas a través de formación e sensibilización sobre cláusulas sociais na contratación, cun acordo de reserva de mercado ao Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social (CEEIS) nas entidades locais e coa contratación de persoas con discapacidade.

Traballar de forma conxunta

Todas as entidades participantes compartiron a necesidade de traballar de forma conxunta en detectar as necesidades locais e en desenvolver as iniciativas presentadas esta mañá co fin de mellorar o emprego de calidade na provincia, cunha maior inclusión e accesibilidade universal.

Estas iniciativas pasarán proximamente polo comité executivo do Pacto Social para a súa aprobación e planificación. Así como continuaranse realizando mesas de traballo periódicas, onde se presentarán máis accións concretas que contribúan coa recuperación económica, social e medioambiental da provincia de Ourense. Antes de que remate o ano, terá lugar outra mesa de traballo onde se presentarán iniciativas sobre o eixo de reconstrución verde.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Inorde aposta pola revalorización dos residuos agrogandeiros
Artículo siguienteEste fin de semana celébrase unha nova edición do Enduro de Piñor
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.