Inicio Destacado Este fin de semana celébrase unha nova edición do Enduro de Piñor

Este fin de semana celébrase unha nova edición do Enduro de Piñor

A competición conta co apoio da Deputación, a Federación Galega de Motociclismo e o Concello de Piñor

A proba, enmarcada na Liga Galega de Moto de Campo, constará de tres modalidades diferentes dentro da categoría Hard Enduro, o que supón unha dificultade algo maior ó habitual. Tamén organízase unha proba de minienduro para os rapaces

Ourense, 23 de xuño de 2022.- Piñor acolle este fin de semana o V Enduro de Piñor – Copa Deputación, organizado polo Motoclube A Peroxa e que conta co apoio da administración provincial, da Federación Galega de Motociclismo e do Concello de Piñor.

A competición, que está enmarcada na Liga Galega de Moto de Campo, foi presentada na sala de prensa do Pazo Provincial polo vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández; o alcalde de Piñor, Jose Luis González; o representante de Moto Clube A Peroxa Javier Quintas, e Daniel Rodríguez, promotor do Enduro de Piñor.

Leer más:   A Deputación prestará apoio aos autónomos ourensáns para implantar unha ferramenta dixital de xestión de servizos e clientes

Esta proba constará de tres modalidades diferentes dentro da categoría Hard Enduro, o que supón unha dificultade algo maior ó habitual e que xa é unha característica do Enduro de Piñor, xunto coa celebración dunnha modalidade para os máis pequenos.

O sábado, día 25 de xuño, disputaranse as modalidades de minienduro -para os cativos, cun percorrido adaptado- e de enduro clásica. Ambas desenrolaranse no monte de Cestos, en Cotelas (parroquia de A Canda).

O domingo, día 26 de xuño, disputaranse a especial “dagan off road”, en Cotelas -ao carón do parque de autocaravanas do municipio- ademais da especial Diputación de Ourense, nun percorrido novo no pobo do Arenteiro.

Leer más:   O presidente da Deputación visita á rodaxe de "La Manzana de Oro": "O audiovisual é cultura que perdura no tempo e promociona o territorio"

Dende a organización remarcan cos participantes nas probas poderán desfrutar da paisaxe natural da zona, ademais de coñecer a dous dos mellores pilotos de enduro, como son Abel Carballés e Julio Pardo.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Pacto Social de AquaOurense presenta iniciativas concretas para mellorar a inclusión, a accesibilidade e o emprego na provincia
Artículo siguienteÚltimos días para presentar traballos para o XXXII Premio Carracedo de Xornalismo
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.