Inicio Destacado A Deputación colaborará na mellora de comunicacións e espazos de lecer en...

A Deputación colaborará na mellora de comunicacións e espazos de lecer en Piñor

Reunion de Manuel Baltar co alcalde de Pinor 2

Manuel Baltar recibiu no Pazo Provincial ao alcalde, José Luis González, co que repasou as actuacións desenvolvidas no concello e o apoio ás novas propostas

Ourense, 14 de xuño de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu esta mañá no Pazo Provincial ao alcalde de Piñor, José Luis González, para repasar o estado das actuacións desenvolvidas polo goberno provincial neste concello e estudar novos proxectos de colaboración en materia de comunicacións e a mellora de áreas de lecer.

Manuel Baltar recolleu as propostas do alcalde, que se centran no acondicionamento da vía que atravesa o pobo de Casfigueiro, na parroquia de San Mamede da Canda, así como tamén na renovación do parque infantil da localidade de Arenteiro, na parroquia de Barrán. Un espazo que precisa a substitución do actual equipamento polo seu grao de deterioro.

Leer más:   El boom de los Avril: Galicia vive un día histórico en ventas

José Luis Gonzalez expresou o seu agradecemento pola receptividade do presidente e da Deputación ás necesidades do Concello de Piñor e da súa veciñanza, “colaboración sen a que sería imposible levar a cabo todas estas obras”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorLuz Doporto acompañou á Asociación de Personas Sordas de Ourense no Día nacional das linguas de signos
Artículo siguienteA Deputación apoiará un proxecto pioneiro no cinto empresarial de Ourense para o tratamento conxunto dos residuos industriais
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.