Inicio Destacado Luz Doporto acompañou á Asociación de Personas Sordas de Ourense no Día...

Luz Doporto acompañou á Asociación de Personas Sordas de Ourense no Día nacional das linguas de signos

Dia nacional das Linguas de Signos 2022 2

Dia nacional das Linguas de Signos 2022 3

Ourense, 14 de xuño de 2022.- A deputada Luz Doporto visitou esta mañá  o posto informativo da Asociación de Personas Sordas de Ourense, situado hoxe na rúa do Paseo para conmemorar o Día nacional das Linguas de Signos. Durante a visita, na que Doporto estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, a deputada conversou con membros desta asociación, presidida por Martín Luis Becerra. 

Luz Doporto sinalou a importancia destes actos, “que deben axudar a dar visibilidade e concienciar á sociedade, especialmente no ámbito da educación que é onde debemos esforzarnos especialmente”. Tamén recalcou a importancia da lingua de signos como medio de comunicación, xa que “para realizar calquera tipo de tarefa cotiá coma ir mercar, precisan dun intérprete”. 

Leer más:   César Fernández reafirma o compromiso da Deputación coa MIT de Ribadavia como "evento fundamental da cultura ourensá e galega"

O Día nacional das Linguas de Signos celébrase dende 2014 para dar a coñecer a importancia da lingua de signos coma forma e medio de expresión, coa súa gramática propia.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorRallye de Ourense do 16 ao 18 de xuño
Artículo siguienteA Deputación colaborará na mellora de comunicacións e espazos de lecer en Piñor
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.