O presidente da Deputación acompañou á raíña Sofía na súa visita ao Banco de Alimentos

Manuel Baltar resaltou a importancia desta xornada para reivindicar o traballo da entidade: “A visita da raíña Sofía pon de releve a importancia do Banco de Alimentos, e a alianza que mantén coa Deputación de Ourense”

San Cibrao das Viñas, 1 de marzo de 2022.- A raíña Sofía presidiu esta mañá en San Cibrao das Viñas o acto de celebración dos 25 anos do Banco de Alimentos de Ourense, nun acto no que estivo acompañada, entre outros, polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. “Esta é unha ocasión para poñer de releve a importancia desta entidade neste provincia e a alianza que mantemos dende sempre, e que foi especialmente importante durante a pandemia, cunha organización adicada a un fin tan nobre e con peso específico en toda España”.

O presidente da Deputación deulle a benvida a raíña Sofía a Ourense, lembrando os seus vencellos coa provincia: “Hoxe é 1 de marzo, día de San Rosendo. El puxo en marcha o mosteiro de San Salvador, que no ano 1984 recibiu o premio Europa Nostra polo seu traballo a prol do recuperación do patrimonio. Viñera a propia raíña Sofía a Celanova, como veu en 1990 ao mosteiro de Oseira -que tamén recibiu este premio-. Esta é unha oportunidade para lembrar a existencia que a Banda de Gaitas leva o título de ‘real’ pola súa intercesión”.

Ademais da raíña Sofía e o presidente da Deputación, no acto da celebración dos 25 anos o Banco de Alimentos estiveron presentes, entre outros, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; a conselleira de Política Social, Fabiola García; o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González; o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén; o alcalde de Ourense, Gonzalo P. Jácome; o alcalde de San Cibrao, Manuel Pedro Fernández; o presidente da Federación Española de Banco de Alimentos, Pedro Llorca e o presidente do Banco de Alimentos de Ourense, Cecilio Santalices.

Alianza da Deputación e o Banco de Alimentos

Manuel Baltar reivindica a alianza da Deputación e Banco de Alimentos: “O compromiso da Deputación co Banco de Alimentos, dentro da actitude social do goberno provincial. A Deputación ven de aprobar uns orzamentos que tamén son moi sociais, recoñecendo o traballo do Banco de Alimentos e fundamentalmente do seu voluntariado”. O presidente da Deputación destaca como esta xornada supon un recoñecemento ao propio Banco de Alimentos: “Esta é unha oportunidade para comprobar o gran traballo que leva a cabo esta entidade, nestas instalacións coas que colabora a Deputación. Reforzamos o compromiso do goberno provincial que presido para seguir nesta liña, no caso desta reunión para adquirir maquinaria que facilite o seu traballo e que así sexa máis doado desenrolar a súa gran acción social”.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 18 de mayo de 2024

Durante el día de hoy en Ourense se prevén cielos cubiertos con lluvia. En cuanto…

14 horas hace

Europa League y permanencia en juego: La penúltima jornada de LaLiga EA SPORTS promete emociones

En la próxima jornada 37 de LALIGA, que se inaugura este sábado 18 de mayo…

24 horas hace

Cuarta expedición de ISDIN a Mozambique efectúa cerca de 150 cirugías contra el cáncer de piel

Un total de 13 médicos especialistas en dermatología de 10 nacionalidades se han desplazado a…

1 día hace

Marlons se incorpora a la financiación de Goiko y VICIO debido al boom de hamburguesas

Marlons, la emergente cadena de hamburgueserías conocida por sus auténticas “smash burgers” al estilo americano,…

1 día hace

La influencia de las redes en la apariencia de las mujeres según Dove

El 33% de las mujeres sienten presión por alterar su apariencia debido a las imágenes…

1 día hace

El papel de LALIGA en la financiación de los atletas españoles para París 2024

Este 2024, año de los Juegos Olímpicos de París que darán comienzo el próximo 26…

1 día hace

Esta web usa cookies.