Inicio Destacado Manuel Baltar e Francisco Botas estudan novas liñas de colaboración entre a...

Manuel Baltar e Francisco Botas estudan novas liñas de colaboración entre a Deputación de Ourense e Abanca

O presidente provincial agradeceu ao conselleiro delegado da entidade financeira “a implicación, o compromiso e a resposta” que sempre obtivo o goberno provincial ás propostas de colaboración

Ourense, 4 de marzo de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao conselleiro delegado de Abanca, Francisco Botas, co que estudou novas liñas de colaboración que “afiancen e abran a novos ámbitos” a cooperación que desde hai anos manteñen a institución provincial e a entidade financeira. En particular, o presidente provincial plantexou a implicación de Abanca en proxectos de carácter tecnolóxico como a Mobile Week Ourense 2022, ademais de reforzar o traballo conxunto en proxectos culturais liderados pola Deputación como o Festival de Cine Internacional de Ourense.

Leer más:   Semana Santa: ¿Cobraré mi pensión en Ourense? Consulta nuestro calendario para descubrirlo

Durante o encontro, Manuel Baltar e Francisco Botas tamén repasaron a alianza de colaboración entre a Deputación e Abanca en cuestións como o reto demográfico, a través do programa ChegOU para o fomento da natalidade, ou a innovación e a tecnoloxía co edificio Provincia Intelixente, que reúne a concentración de emprego tecnolóxico máis alta do territorio.

Manuel Baltar agradeceu a Francisco Botas “a implicación, o compromiso e a resposta” que sempre obtivo o goberno provincial ás propostas de colaboración formuladas para o desenvolvemento de programas económicos, sociais e de innovación.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorRecepción no Pazo Provincial ao presidente da asociación de adestradores de fútbol Afiador
Artículo siguienteManuel Baltar reivindica na gala do 25 aniversario de Cegasal a importancia da inserción laboral das persoas con discapacidade: “É transcendental no desenrolo dun país moderno”
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.