Inicio Destacado Isabel Pintado presenta a exposición “Un mar de libros”, homenaxe ás publicacións...

Isabel Pintado presenta a exposición “Un mar de libros”, homenaxe ás publicacións escritas a través da pintura

A mostra, inaugurada esta tarde, poderá verse ata no centro cultural ata o próximo 1 de maio

Ourense, 11 de marzo de 2022.- O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle desde hoxe e ata o próximo 1 de maio a exposición Un mar de libros, na que a artista Isabel Pintado rende homenaxe ás publicacións escritas a través da pintura. Unha mostra na que o libro é o protagonista absoluto e onde, ademais de cadros que teñen este elemento como eixo central, a creadora tamén amosa un amplo abano de libros da propia artista, pezas pouco habituais no eido expositivo.

Na inauguración da mostra, celebrada esta tarde, a artista estivo acompañada polo vicepresidente da Deputación, César Fernández, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, o deputado Armando Ojea e o director do centro cultural, Francisco González.

Leer más:   O Barco convértese na capital do atletismo co Campionato de España de 10 quilómetros en ruta

César Fernández subliñou que nesta exposición “únense dúas das expresións culturais máis importantes, como son os libros e a pintura”. Exemplos de cultura e arte, engadiu “que son antónimos absolutos da degradación humana que supón a guerra”. Neste sentido tomou as palabras do comisario da exposición e crítico de arte, Antón Castro, que define esta mostra como “un tributo á pintura dende o corazón do mellor dos símbolos, o libro, o máis asombroso dos instrumentos do que dispón o home, segundo Borges”.

Miguel Santalices, pola súa banda, recalcou a reivindicación do legado da Xeración Nós que realiza Isabel Pintado a través da súa arte: “Para un ourensán coma min -en realidade, para calquer galego- é moi destacable esta relación. Sen Nós non teríamos Estatuto de Galicia nin Parlamento”. O presidente do Parlamento tamén destacou a búsqueda da modernidade que realiza Pintado “dende a aposta polas nosas señais de identidade”.

Leer más:   Máis de 100 estudantes participan nun encontro co escritor David Trueba nunha nova edición das “Tertulias Literarias”

Francisco González sinalou entre tanto que “con Isabel Pintado e maila recente apertura da mostra de Consuelo Chacón, O lugar intermedio, o centro cultural ofrece neste mes de marzo “o mes da muller, a obra de dúas grandes artistas”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Alpinche e Hombres G dan saída á oitava edición da Ourense ICC Week
Artículo siguienteA Deputación abre este luns un centro loxístico para coordinar o envío de axuda humanitaria a Ucraína
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.