Inicio Destacado Máis de 100 estudantes participan nun encontro co escritor David Trueba nunha...

Máis de 100 estudantes participan nun encontro co escritor David Trueba nunha nova edición das “Tertulias Literarias”

Tertulia literaria Trueba 1

Organizada pola Deputación e o Concello de Ourense, esta actividade reuniu no Liceo a estudantes de 4º da ESO e Bacharelato para coñecer ao autor e comentar a súa obra El río baja sucio

A deputada de Cultura, Patricia Torres, puxo en valor “a gran oportunidade para comentar en persoa a obra dun autor polifacético”, destacando ademais a importancia dunha actividade “que persegue o fomento da lectura e a cultura”

Ourense, 9 de xuño de 2022.- A deputada de Cultura, Patricia Torres, asistiu esta tarde no Liceo a un encontro co escritor e cineasta David Trueba no marco do programa “Tertulias Literarias” que organizan a Deputación e o Concello de Ourense. Unha cita xa consolidada dentro do calendario de actividades destinadas á mocidade, contando nesta edición coa presenza de máis dun cento de estudantes de 4º da ESO e Bacharelato que analizaron e debateron en torno á obra do escritor invitado, El río baja sucio.

Leer más:   A Deputación activa a Ourense Film Commission no posicionamento da provincia como sede de rodaxes

Patricia Torres puxo en valor “a gran oportunidade que tendes para comentar en persoa a obra dun autor polifacético, cuxo libros están traducidos a numerosos idiomas”, destacando ademais a importancia dunha actividade “que persegue o fomento da lectura en particular e da cultura en xeral.

David Trueba respondeu ás preguntas que lle formularon os estudantes en torno ao seu libro El río baja sucio –sobre o que traballaron durante o curso un total de 200 alumnas e alumnos de 14 institutos-, interesándose por diversos aspectos que recolle o libro como o medio ambiente, os diferentes modelos de familia da sociedade actual ou as relacións tóxicas. O título da novela, dixo, ven a explicar que “calquera adolescente que se incorpore á vida adulta vaise , aprendendo a nadar entre as múltiples situacións que terá que xestionar”.

Leer más:   Manuel Baltar reúnese coa alcaldesa de Rairiz de Veiga

Autor de múltiples obras, tanto na literatura como no cine, na traxectoria de David Trueba destaca de modo particular a súa produción audiovisual e o filme Vivir es fácil con los ojos cerrados, polo que obtivo tres premios Goya. Na escrita e xunto coa obra que protagonizou o encontro desta tarde destacan tamén as obras Saber perder e Tierra de campos, coa que obtivo o Premio Nacional da Crítica e o Premio Los Libreros Recomiendan en 2018.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAlquiler de autocares en Pontevedra: Los niños vuelven a disfrutar de las escapadas escolares
Artículo siguienteCastrelo de Miño acolle este sábado a primeira edición da Copa de España Inclusiva de Motonáutica
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.