Inicio Destacado A Deputación activa a Ourense Film Commission no posicionamento da provincia como...

A Deputación activa a Ourense Film Commission no posicionamento da provincia como sede de rodaxes

Ourense Film Commission 2

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu a constitución deste novo órgano, que axudará á promoción nacional e internacional dun territorio “perfectamente apto e óptimo para calquera historia que se queira contar”, afirmou Manuel Baltar. “O propósito fundamental que é o retorno económico e cultural para Ourense do seu vencello co cinema siga dando pasos firmes no futuro”

O presidente provincial explicou que este paso coincide cunhas circunstancias que nunca se deran antes: “En maio haberá catro rodaxes simultáneos na provincia, que non serán os únicos deste ano”

A comisión, integrada por representantes do sector audiovisual galego e da propia Deputación, apoiará ás producións da industria audiovisual en territorio ourensán na loxística necesaria para desenvolver o seu traballo

Ourense, 24 de marzo de 2022.- A Deputación puxo hoxe en marcha a Ourense Film Commission co obxectivo de impulsar a transformación da provincia nun plató de cinema e promocionar un territorio “perfectamente apto e óptimo para calquera historia que se queira contar”, afirmou o presidente Manuel Baltar ao remate da primeira reunión do Comité Asesor que contribuirá a “enriquecer toda a determinación que puxemos desde o primeiro momento no que nos fixemos cargo do Festival de Cine de Ourense”.

Leer más:   A Deputación adhírese aos seis Grupos de Desenvolvemento Rural da provincia achegando apoio técnico, xurídico e económico

O obxectivo deste novo órgano é apoiar ás producións galegas, nacionais e internacionais da industria audiovisual na loxística necesaria para desenvolver o seu traballo, promovendo a difusión da provincia de Ourense en España e fóra das súas fronteiras, así como da calidade e competitividade dos servizos que se precisen.

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu a reunión constitutiva do Comité Asesor, integrado por representantes do sector audiovisual galego e da propia Deputación, aprobando nesta primeira sesión as súas bases de funcionamento. Manuel Baltar agradeceu a implicación dos seus membros, sinalando que o comité está aberto a novas incorporacións “porque este é un proxecto que se enriquecerá con todos aqueles que queiran facer achegas en positivo, de modo que o propósito fundamental que é o retorno económico e cultural para Ourense do seu vencello co cinema siga dando pasos firmes no futuro”.

O presidente provincial explicou que este paso coincide “cunhas circunstancias que nunca se deran antes, xa que en maio haberá catro rodaxes simultáneos na provincia, que non serán os únicos deste ano”. Así citou a rodaxe estes días de Hotel Valquirias, unha serie de televisión coproducida en colaboración coa Radio Televisión Portuguesa; o inicio o próximo luns dunha longametraxe de produción galega, O home e o can, dirixida por Ángel de la Cruz; dúas importantes producións de ámbito nacional en abril: 13 Exorcismos, de Bambú Films, e La manzana de oro de Jaime Chávarri, rodadas integramente en Ourense; e xa en maio Honeymoon, que dirixirá Enrique Otero.

Leer más:   Ourense a toda velocidad

“Algo se está a mover en Ourense e este é o resultado desde movemento”, dixo Manuel Baltar, satisfeito por unha iniciativa “que aposta por converter Ourense nunha provincia de cine de alta velocidade e coa que se cumpre cun dos acordos aprobados nos debates sobre o estado da provincia, fortalecendo un audiovisual que tanto éxito ten amosado ao longo das décadas, dando a razón a aqueles que abriron aquí salas de cine e que comezaron a rodar e escribir cine aquí”.

Este novo órgano que hoxe bota a nadar será un complemento máis para o Festival de Cine de Ourense, que este ano chega á súa 27 edición co decidido apoio das administracións implicadas neste proxecto, da Fundación Carlos Velo, asociacións “e de todos aqueles profesionais que teñen claro que esta é unha vía de futuro para a provincia termal de Europa, recurso endóxeno que posuímos como en ningures, e tamén con feitos transformadores como a conversión do Pazo Provincial nun hotel balneario de referencia en Europa”.

Leer más:   A Deputación adhírese ao programa VIOPET para a acollida de animais de compañía de mulleres vítimas de violencia machista

Posicionamento da provincia como destino de rodaxes audiovisuais

A Ourense Film Commission é unha asociación creada pola Deputación de Ourense para liderar o posicionamento da provincia como destino de rodaxes audiovisuais, coordinando e atraendo ao territorio todas as producións posibles.

Presidida por Manuel Baltar, ten como vicepresidente ao director do OUFF, Miguel Anxo Fernández. O director da asociación é o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar, e como vogais participan o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil; a deputada provincial de Cultura, Patricia Torres; a xerente do Inorde, Emma González; a presidenta da Fundación Carlos Velo, Carmen Leyte;  o vicepresidente do Cineclube Padre Feijoo, Manel Rodríguez; o director da Academia Galega do Audiovisual, Miguel Mariño; a xerente da Asociación Galega de Produtoras Independentes, Uxía Caride; e o xornalista Simone Saibene; actuando como secretaria xeral Susan Ramos.

Entre os servizos que ofrecerá este novo órgano figura achegar información e propostas sobre localizacións; apoio e asesoramento sobre permisos administrativos; axuda na promoción e difusión das rodaxes previstas; coordinación entre as produtoras e as administracións públicas; e axuda na loxística da produción.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación impulsará os estudos universitarios de Turismo no Campus de Ourense
Artículo siguienteMuíños acolle este domingo o campionato galego de inverno de piragüismo de novas promesas
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.