A Deputación colaborará coa asociación Olivarnoia no seu proxecto de dinamización do rural

Manuel Baltar reuniuse esta mañá en Arnoia co equipo directivo desta asociación, garantindo o apoio da institución provincial para a instalación dunha almazara e na recuperación de terras abandonadas a través da plantación de oliveirais

“Isto é dinamizar o rural, fixar poboación e poñer en valor recursos endóxenos”, destaca o presidente da Deputación, que tamén avanzou a Olivarnoia novas liñas de cooperación a través do Inorde

Arnoia, 18 de marzo de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse esta mañá en Arnoia co equipo directivo de Olivarnoia. Manuel Baltar comprometeu o apoio da institución provincial a varios proxectos da asociación, enfocados á instalación dunha almazara -un muíño para a extracción do aceite- e á recuperación de terras abandonadas deste municipio do Ribeiro a través da plantación de oliveirais.

O presidente da Deputación resalta a importancia destes proxectos de emprendemento para o rural ourensán. Lembra os vencellos históricos da provincia co aceite -“de feito, o lugar da Arnoia no que se insire este proxecto chámase Oliveira”, sinalou- e aplaude o traballo realizado por esta asociación: “Destacan os proxectos que teñen por diante, que pasan pola produción de aceite e outros derivados, como pode ser o xabón. A Deputación colaborará para que, por exemplo, Olivarnoia poida completar a almazara, que é unha das poucas con carácter público que hai en España”.

Na reunión con Manuel Baltar estivo presente o presidente de Olivarnoia, José Antonio Torres; o tesoureiro, Luis Manuel Alonso e a secretaria, Susana Álvarez. Ao encontro tamén asistiron o alcalde da Arnoia, Rodrigo Aparicio e o vicepresidente segundo da Deputación e encargado dos asuntos de cooperación cos concellos do Ribeiro, César Fernández.

“Este é un proxecto que paga a pena apoiar, como fixo o Concello da Arnoia dende o inicio. E que é unha forma de poñer en valor o territorio producindo un aceite de extraordinaria calidade, como acreditan os informes realizados antes da súa comercialización”, destaca Manuel Baltar, que valora a importancia destes proxectos para o futuro do rural ourensán: “Isto é dinamizar o rural, fixar poboación e poñer en valor recursos endóxenos e produtos propios. A Deputación ten que estar aquí”.

Avanza o presidente da Deputación novas liñas de traballo, dentro do “apoio máximo” á asociación: “A través do Inorde darémoslles asesoramento sobre as diversas canles de comercialización, produción ou distribución; para inserilos noutros proxectos máis amplos e tamén poñéndoos en contacto con outras experiencias deste tipo que se están realizando en Ourense e no resto de España”.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 19 de mayo de 2024

Durante las primeras horas del día en Ourense habrá cielos nubosos con tormentas acompañadas de…

19 horas hace

Penúltima jornada crucial para Europa League y permanencia en Laliga EA Sports

En la próxima jornada 37 de LALIGA, que se inaugura este sábado 18 de mayo…

23 horas hace

La universidad Alfonso X el Sabio sobresale en el estudio de farmacia

El último ranking elaborado por la Fundación CyD reconoce a la Universidad Alfonso X el…

24 horas hace

Castellano refuerza su apuesta en Millenium Hospitality con 10.000 acciones

Pablo Castellano Vázquez, consejero de Millenium Hospitality desde marzo, ha reforzado su apuesta por la…

1 día hace

TÜV SÜD alcanza por primera vez ingresos superiores a 3.000 millones de euros

TÜV SÜD ha presentado sus resultados financieros globales en 2023, reportando un incremento en los…

1 día hace

El tiempo para hoy en Ourense, 18 de mayo de 2024

Durante el día de hoy en Ourense se prevén cielos cubiertos con lluvia. En cuanto…

2 días hace

Esta web usa cookies.