Inicio Destacado A Deputación asumirá os custos da expedición humanitaria do alcalde de Maceda

A Deputación asumirá os custos da expedición humanitaria do alcalde de Maceda

O rexedor, Rubén Quintas, agradece a implicación da institución provincial: “Manuel Baltar estivo pendente deste convoi dende o minuto un, colaborando e atento para que todo saíse ben, como así está ocorrendo”

Ourense, 19 de marzo de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial co alcalde de Maceda, Rubén Quintas. Manuel Baltar avanzou o compromiso da institución provincial para asumir os custos da expedición liderada polo rexedor ourensán para levar material humanitario á fronteira de Ucraína e traer a vinte refuxiados -nove menores e once mulleres, nais dos cativos-.

O alcalde de Maceda agradece a implicación da institución provincial dende o comezo da iniciativa solidaria: “Manuel Baltar estivo pendente deste convoi dende o minuto un, colaborando e atento para que todo saíse ben, como así está ocorrendo”. Rubén Quintas explica que o proceso de adaptación dos refuxiados é gradual, “vai sen presa, pero sen pausa”. Tras chegar a Maceda o pasado domingo, 13 de marzo, os cativos e as súas nais iniciaron un proceso de adaptación en coordinación coas administracións, Cruz Vermella e Protección Civil, cos pertinentes recoñecementos médicos e psicolóxicos, trámites administrativos e a súa progresiva instalación en pisos.

Leer más:   A Deputación rexeita a petición de dimisión do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome

Un convoi con solidariedade veciñal

O convoi humanitario saíu de Maceda o pasado 8 de marzo, con catro vehículos dos concellos de Maceda, Baños de Molgas, Vilar de Barrio e a Mancomunidade do Ribeiro. Tras entregar na fronteira de Ucraína material solidario cedido polos veciños á Cruz Vermella, voltaron con 20 refuxiados en coordinación coa Asociación Galega de Axuda a Ucraína (AGA-Ucraína).

Saída do primeiro camión humanitario dende o centro loxístico da Deputación

Este luns ten prevista a saída o primeiro camión cargado de material humanitario dende o centro loxístico activado pola Deputación, co obxectivo de canalizar e coordinar a resposta dos concellos ourensás ante a guerra de Ucraína. O envío do material humanitario, recollido polo Concello de Ourense e almacenado no parque da maquinaria pola institución provincial, foi organizado por AGA-Ucraína e financiado por Afundación e Abanca.

Leer más:   A Deputación activa un plan de acompañamento na Área de Benestar para seguir mellorando a atención aos veciños en risco de exclusión dixital

A Deputación ten en funcionamento un dispositivo posto en marcha pola Área de Benestar, onde un grupo de traballo técnico agrupa toda a información sobre as iniciativas que se estean levando a cabo dende o ámbito municipal. Así habilitouse un enderezo electrónico e un teléfono (
This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
– 988 317 772) para que os concellos faciliten unha persoa de contacto que permita coñecer, dun xeito áxil, que material poden ofrecer e enviar, favorecendo as sinerxías e garantindo a resposta máis eficiente e ordenada posible.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorColectivos feministas rechazan “el feminicidio” ante el club en el que trabajaba la mujer hallada muerta en O Carballiño
Artículo siguienteA Deputación colaborará co Concello de Arnoia para crear un albergue do Camiño Miñoto Ribeiro
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.