Inicio Destacado A Deputación achegará 186.000 euros para urbanizar os terreos do novo centro...

A Deputación achegará 186.000 euros para urbanizar os terreos do novo centro de saúde de Boborás

Patricia Torres e Rosendo Fernandez

O vicepresidente Rosendo Fernández destacou a cooperación interadministrativa despois da sinatura do convenio entre a Consellería de Sanidade e o Concello de Boborás para a construción das instalacións: “A colaboración entre administracións constitúe sempre un exemplo positivo, máis importante aínda tratándose dunha infraestrutura sanitaria”

O investimento da institución provincial inclúe un aparcadoiro con 70 prazas, unha parada de autobús, a construción de beirarrúas e a instalación de colectores para a xestión de residuos. “A Deputación sempre está e seguirá estando aí para cooperar na mellora dos servizos á cidadanía”, resalta Rosendo Fernández

A alcaldesa Patricia Torres agradeceu á Xunta de Galicia e á Deputación de Ourense o apoio a Boborás: “Este é outro exemplo da aposta polos municipios rurais sen mirar o número de habitantes, e neste caso para mellorar a vida e a calidade asistencial da veciñanza”

O conselleiro Julio Comesaña subliñou a celeridade do Concello de Boborás para a posta a disposición da parcela e o inicio da expropiación, coa colaboración da Deputación

Boborás, 23 de marzo de 2022.- A Deputación de Ourense achegará 186.000 euros para a urbanización dos terreos do novo centro de saúde de Boborás, orzamento que inclúe un aparcadoiro con 70 prazas, unha parada de autobús, a construción de beirarrúas e a instalación de colectores para a xestión de residuos. Así o destacou o vicepresidente da institución provincial, Rosendo Fernández, tras asistir hoxe á sinatura do convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Concello de Boborás para a construción do novo centro asistencial.

Leer más:   Desaparición en Ourense: Intensa búsqueda de profesor portugués en Oímbra

O vicepresidente da Deputación subliñou que “a colaboración entre administracións constitúe sempre un exemplo positivo, máis importante aínda tratándose dunha infraestrutura sanitaria”. A institución provincial, sinala Rosendo Fernández, “sempre está e seguirá estando aí para cooperar na mellora dos servizos á cidadanía”, felicitando tamén á alcaldesa de Boborás “por estar sempre á procura de novos proxectos”, así como ao conselleiro de Sanidade “por atender as necesidades da veciñanza”.

Julio Comesaña e Patricia Torres asinaron o convenio de colaboración durante un acto celebrado na Casa do Concello de Boborás, que tamén contou coa presenza do delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, e do xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, Félix Rubial.

Leer más:   César Fernández acompañou ao conselleiro de Educación na supervisión das obras do IES As Lagoas

Patricia Torres expresou o seu agradecemento á Xunta de Galicia e á Deputación polo seu apoio a Boborás, exemplo da “aposta polos concellos rurais sen mirar o número de habitantes, e neste caso por unha infraestrutura sanitaria maila urbanización dos terreos nos que se asenta, o que vai mellorar de modo significativo a vida e a calidade asistencial da veciñanza”. Subliñou a alcaldesa que o novo centro de saúde situarase “nunha zona dotacional de servizos públicos na que xa están instalados o colexio, a gardería, o edificio sociocultural, un parque infantil e o pavillón de deportes, ademais de acoller no futuro a unha residencia de maiores e unha piscina”.

Pola súa banda, Julio Comesaña manifestou que o proxecto responderá a “un inmoble moderno para darlle aos profesionais unha contorna de traballo á altura do seu labor” subliñando que o centro de Boborás será o primeiro en construírse dentro da fase 1 do Plan de Infraestruturas de Atención Primaria, aprobado en outubro pasado polo Goberno galego, destacando ademais a celeridade do Concello para a posta a disposición da parcela e o inicio da expropiación, coa colaboración da Deputación de Ourense.

Leer más:   A Volta a Galicia O Gran Camiño disputa a súa etapa raíña en Ourense, “unha provincia internacional como poucas que aposta polo territorio a través do deporte”

6.000 metros cadrados para asistencia sanitaria e servizos asociados

O novo centro de saúde de Boborás substituirá ás actuais instalacións, construídas hai 32 anos e situadas nun inmoble onde comparte espazos con outros servizos municipais. O futuro centro asistencial e os servizos asociados ocuparán unha parcela de máis de 6.000 metros cadrados, cuxa expropiación xestionada pola Deputación de Ourense.

Deste xeito, aumentarase nun 40% a superficie construída en comparación co actual centro, pasando a ocupar 650 metros cadrados. Neste espazo haberá unha área específica para a consulta do programa da muller, ademais dunha sala polivalente para atender casos urxentes ou a realización de técnicas, así como unha sala para patoloxías respiratorias. Desde o punto de vista do profesional tamén haberá unha mellora importante nas instalacións, xa que o novo centro contará cunha sala de xuntas, vestiarios e almacén, e dúas consultas de medicina xeral e outras dúas de enfermería, coas dimensións establecidas nos criterios asistenciais do Sergas.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl magistrado que investiga a Jácome por malversación pide apartarse al empezar a trabajar su mujer en el Ayuntamiento
Artículo siguienteEl partido del alcalde de Ourense ironiza con la justicia por las diligencias de la “mafia policial”
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.