A Deputación congratúlase da concesión do Premio “Celanova, casa dos poetas” á cantante coruñesa Luz Casal

O deputado Pablo Pérez, que acudiu en nome do presidente Manuel Baltar, afirmou que con este galardón non só recoñece a traxectoria musical da artista, “senón tamén a vontade de levar a Galicia e a súa cultura alá por onde fose, destacando ademais a súa faciana social”, referíndose ao Festival da Luz fundado pola cantante en Boimorto co fin de recadar fondos na loita contra o cancro

Subliñou a participación da Deputación na fundación, “que goza dunha boa saúde como o demostran as case 6.000 persoas que o pasado ano visitaron a casa familiar do escritor celanovés”

Ourense, 26 de marzo de 2022.- O deputado provincial Pablo Pérez asistiu hoxe á reunión do padroado da Fundación Curros Enríquez que, entre outros asuntos incluídos na orde do día, acordou conceder o XXXVIII Premio “Celanova, Casa dos Poetas”, á cantante coruñesa Luz Casal. Un galardón que non só recoñece a súa traxectoria musical, dixo Pablo Pérez, “senón tamén a vontade de levar a Galicia e a súa cultura alá por onde fose, destacando ademais a súa faciana social”, referíndose así ao Festival da Luz fundado pola propia artista e que se celebra todos os anos na localidade coruñesa de Boimorto, onde naceu en 1958, co fin de recadar fondos na loita contra o cancro.

Pablo Pérez, que asistiu á convocatoria en representación de Manuel Baltar, congratulouse da concesión deste premio, subliñando ademais a participación da Deputación na fundación, “que goza dunha boa saúde como o demostran as case 6.000 persoas que o pasado ano visitaron a casa familiar do escritor”. Neste sentido subliñou que na semana que comeza rexistrarase a visita número 30.000, que se corresponderá cun dos alumnos dos moitos colexios de toda Galicia que teñen acudido á casa museo de Curros Enríquez.

A reunión do padrado da Fundación incluíu na súa orde do día a presentación da memoria de actividades correspondente ao pasado ano, a aprobación dos orzamentos para o presente exercicio que ascenden a 74.000 euros, así como do programa de actividades para 2022 que manteñen os roteiros, programas escolares e o inclúe o proxecto Celanoveses polo mundo para destacar a persoeiros nados na vila celanovesa.

O padroado da Fundación Curros Enríquez está presidido polo Concello de Celanova e forman parte do mesmo a Deputación de Ourense, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, A Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, as universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña, ademais dunha vintena de persoas a título particular procedentes dos máis diversos ámbitos.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El Prime Day de Amazon vuelve en julio con celebración en Medinaceli

Las popularmente conocidas “fiestas de pueblo” son un imprescindible dentro de la cultura española. Así…

13 horas hace

Fundación PortAventura invierte 2,5 millones para ampliar PortAventura Dreams Village

La Fundación PortAventura ha inaugurado la ampliación de PortAventura Dreams Village, su proyecto social más…

14 horas hace

Innovación sin gluten: Grupo Gallo integra al colectivo celíaco

Han transcurrido cerca de 10 años desde que Grupo Gallo inició la producción de sus…

15 horas hace

Villas Santa Ana y Miramar entre las mejores según Financial Times

El diario británico 'Financial Times' ha hecho una selección de 5 exclusivas villas privadas que…

15 horas hace

Revolución en la educación con la primera aplicación web de inteligencia artificial

IGNITE Copilot, la innovadora aplicación web de Inteligencia Artificial (IA) para centros educativos y maestros…

15 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 16 de mayo de 2024

Para hoy por la mañana en Ourense estará muy nublado con lluvia. A medida que…

1 día hace

Esta web usa cookies.