Inicio Destacado A investigadora Marita Souto entregoulle o libro “Ourense, Terma bimilenaria”, a un...

A investigadora Marita Souto entregoulle o libro “Ourense, Terma bimilenaria”, a un directivo da OMS durante un congreso internacional en Milán

Ourense, 20 de maio de 2022.- A provincia de Ourense asumiu un papel protagonista grazas o termalismo no congreso médico sobre medicina de sistemas, que tivo lugar na Sede Central da Universidade Estatal de Milán. Neste simposio estivo presente a doutora ourensá Marita Souto, unha referencia na investigación termal, que ademais lle entregou a obra “Ourense, Terma Bimilenaria”, publicada pola Deputación de Ourense, a Umberto Solimene, catedrático de Terapia Médica e director do Centro Colaborador de Medicina Tradicional da Organización Mundial da Saúde (OMS). 

O libro fai un extenso recorrido histórico pola cultura da auga da provincia, vinculada dende fai séculos ao termalismo, a través dun estudo articulado por comarcas, no que se estudan os establecementos termais ou as fontes de saúde. Na publicación, que conta cun compendio de artigos de expertos no ámbito termal, inclúe un capitulo adicado as “virtudes, clasificación e relación coas patoloxías das augas misteriosas” e un glosario con máis de 140 palabras vinculadas ao eido termal.

Leer más:   A Convivencia Interuniversitaria e Profesional da Educación Social reúne a máis de 300 inscritos no Xurés

Durante o simposio, promovido e organizado por FEMTEC e a OMS Coll Center para a medicina integrativa, tivo como tema principal, segundo explicou a propia Marita Souto, “o enfoque terapéutico da medicina integrada, visión na que o termalismo ten unha importancia capital, tratouse de ofrecer respostas a algúns dos desafíos da ciencia médica moderna potenciando a medicina integrada como expresión consecuente do paradigma da medicina de sistemas”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl jurado popular declara culpables a los dos acusados en Ourense de asesinar a un conocido de prisión para robarle
Artículo siguienteA Deputación e o Concello de Porqueira executan novas liñas de cooperación en abastecemento e mellora de vías
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.