Inicio Destacado A Deputación e o Concello de Porqueira executan novas liñas de cooperación...

A Deputación e o Concello de Porqueira executan novas liñas de cooperación en abastecemento e mellora de vías

Visita de Manuel Baltar ao concello de Porqueira 2

Manuel Baltar avanzou á alcaldesa deste municipio, Susana Vázquez, o apoio do goberno provincial á pavimentación de varias rúas e no abastecemento do núcleo da Filgueira

Despois da reunión de traballo, o presidente do goberno provincial e a rexedora visitaron os resultados da primeira fase de humanización do núcleo de San Lourenzo, realizada co apoio da Deputación ao igual ca ampliación da residencia de maiores

Porqueira, 20 de maio de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou a localidade de Porqueira, reuníndose no Concello coa súa alcaldesa, Susana Vázquez, e parte do equipo de goberno municipal.

Na xuntanza abordaron aspectos de cooperación interadministrativas, garantindo Manuel Baltar á rexedora o apoio da administración provincial á pavimentación de varias rúas da localidade e no proxecto de abastecemento do núcleo da Filgueira. Entre outros temas, Susana Vázquez tamén resaltou o rexeitamento do goberno ao actual deseño do proxecto do parque eólico Lamas de Feás, contra o que o Concello de Porqueira alegará na fase de exposición pública.

Leer más:   A Insua dos Poetas acolle este sábado ao grupo de folk arxentino-galego Sete Netos

Despois da reunión, Manuel Baltar e Susana Vázquez visitaron o resultado da primeira fase da humanización do núcleo de San Lourenzo, realizada co apoio da institución provincial. “Esta obra é unha boa proba da cooperación entre a Deputación e o Concello de Porqueira”, sinalou o presidente da Deputación, definindo a actuación como “unha das tantas que fumos quen de executar nos últimos tempos e das que faremos no futuro. Porque Porqueira, o seu goberno, a súa alcaldesa, son unha fonte inagotable de novos prantexamentos en tódolos eidos”.

O presidente da Deputación de Ourense destacou que “Porqueira é un referente na Limia e polo tanto da provincia, este é un concello polo que paga a pena”, avanzando novas liñas de cooperación: “A Deputación seguirá sendo a máis fiel colaboradora deste municipio, cooperando para poñer en marcha novos proxectos dinamizadores e para activar novas infraestruturas públicas que garantan os mellores servizos públicos para os veciños”. Proxectos, explicou, como a ampliación da residencia de maiores de Porqueira, que se inaugurará proximamente cunha achega por parte da Deputación de 175.000 euros.

Leer más:   ÚLTIMA HORA | Choque entre dos camiones en la A-52 provoca eetenciones en Cualedro

Pola súa banda, a alcaldesa agradeceu a colaboración da Deputación e de Manuel Baltar con Porqueira: “Sen a súa axuda non serían posibles obras como esta humanización ou a ampliación da residencia de maiores, proxectos importantísimos para os veciños como a multitude de obras que se fixeron ou se farán neste concello coa axuda da Deputación”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA investigadora Marita Souto entregoulle o libro “Ourense, Terma bimilenaria”, a un directivo da OMS durante un congreso internacional en Milán
Artículo siguienteSanidade activa una red para identificar casos de ‘viruela de mono’ que “ajustará” con lo que actualice el Ministerio
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.