Inicio Destacado O presidente da Deputación asiste á inauguración do novo albergue de peregrinos...

O presidente da Deputación asiste á inauguración do novo albergue de peregrinos de Oseira

Inauguracion do novo albergue de peregrinos de Oseira 2

San Cristovo de Cea, 28 de marzo de 2022. –O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asistiu esta mañá á inauguración do novo albergue de peregrinos do mosteiro de Santa María a Real de Oseira, en San Cristovo de Cea. A Xunta de Galicia investiu neste proxecto un millón de euros, abarcando esta nova infraestrutura e a rehabilitación do vello albergue do mosteiro.

Na súa intervención, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, puxo esta obra como exemplo da aposta do goberno autonómico polo patrimonio e o Camiño de Santiago. O prior de Oseira, Enrique Trigueros, valorou a importancia desta nova dotación para atender aos peregrinos na mesma liña que o alcalde de Cea, José Luis Valladares, que tamén lembrou o convenio asinado en febreiro coa Deputación de Ourense e a familia Liste para a reapertura do museo etnográfico Olimpio Liste.

Leer más:   Acto de hermanamiento de la Diputación de Ourense con el gobierno provincial ecuatoriano de Tungurahua

- Te recomendamos -
Artículo anterior(AM)Xunta impulsará mesas de diálogo permanente entre transportistas y cargadores para una cadena logística transparente
Artículo siguienteBaltar ve con “muchísima ventaja” a Rueda para suceder ya a Feijóo, pero quiere un congreso que elija candidato de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.