Inicio Destacado Reunións das comisións de seguimento dos convenios para puntos limpos e servizos...

Reunións das comisións de seguimento dos convenios para puntos limpos e servizos municipais de limpeza xestionados pola Deputación de Ourense

As xuntanzas ordinarias revisaron o estado de execución dos acordos de cooperación con entidades locais e mancomunidades, deseñados para a prestación destes servizos públicos por parte da institución provincial

Ourense, 28 de marzo de 2022.- A sala de xuntas do Pazo Provincial acolleu esta mañá as reunións ordinarias de cinco comisións de seguimento, vixilancia e control dos convenios de cooperación para puntos limpos intermunicipais e servizos municipais de limpeza xestionados, en réxime delegado, pola Deputación de Ourense.

O deputado Pablo Pérez presidiu as comisións referidas aos convenios que mantén a Deputación coa Mancomunidades de Verín; co Concello de Vilar de Santos; e coa Mancomunidade de Conso Frieiras e os concellos de Viana e A Mezquita para xestionar estes tres servizos intermunicipais de punto limpo. Ademais, esta mesma mañá celebráronse as comisións de seguimento dos convenios entre Deputación e os concellos de Viana do Bolo e Carballeda de Valdeorras, para a prestación por parte da institución provincial do servizo de limpeza viaria en ambos concellos.

Leer más:   Últimos días para presentar traballos para o XXXII Premio Carracedo de Xornalismo

Estes encontros de traballo convócanse de xeito anual para informar do estado de execución dos convenios e de posibles incidencias. En cada unha das reunións celebradas esta mañá, que contaron coa participación telemática dos representantes das entidades municipais e mancomunidades, aprobouse a acta da reunión anterior e deuse conta tanto do informe de xestión e a liquidación do 2021 coma da proposta de ingresos e gastos para o ano 2022.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl Colegio de Médicos de Ourense promueve el VII Ciclo de Cine y Medicina para “reflexionar y debatir sobre la salud”
Artículo siguiente(AM)Xunta impulsará mesas de diálogo permanente entre transportistas y cargadores para una cadena logística transparente
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.