Inicio Destacado Rosendo Fernández asiste á presentación do proxecto de mellora da OU-402, en...

Rosendo Fernández asiste á presentación do proxecto de mellora da OU-402, en Arnoia, por parte da Xunta

Arnoia, 28 de marzo de 2022.- O vicepresidente primeiro da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, asistiu hoxe, xunto á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta, Ethel Vázquez; o alcalde da Arnoia, Rodrigo Aparicio e concelleiros deste municipio á presentación da primeira fase do proxecto da mellora da estrada OU-402, por parte da Xunta de Galicia. A conselleira Ethel Vázquez avanzou que este mesmo luns sae a licitación destas actuacións, que suporán un investimento total do goberno autonómico de 810.535 euros para permitir a mellora do trazado e o acondicionamento da estrada OU-402, entre a intersección coa vía provincial OU-0305, no acceso a Ribadavia, e a entrada á poboación da Arnoia.

Ao remate do acto, Rosendo Fernández agradeceu á Xunta de Galicia “o seu compromiso con esta provincia, que unha vez máis se ve materializado con este proxecto que permitirá mellorar a seguridade dos vehículos e tamén dos peóns que transiten este trazado da estrada OU-402”. Así mesmo, lembrou que este tipo de actuacións encaixan “coa folla de ruta que lidera o goberno provincial a prol da mellora e conservación da rede viaria provincial, para a cal se destina nos orzamentos deste 2022 unha partida global de máis de 5 millóns de euros”.

Leer más:   O vicepresidente da Deputación participa nunha reunión de transparencia da FEMP

- Te recomendamos -
Artículo anteriorFeijóo carga contra el plan de Sánchez y avisa: “La bajada de impuestos es el primer compromiso incumplido”
Artículo siguienteEl Colegio de Médicos de Ourense promueve el VII Ciclo de Cine y Medicina para “reflexionar y debatir sobre la salud”
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.