Inicio Destacado A Deputación pon a disposición dos concellos os seus recursos técnicos e...

A Deputación pon a disposición dos concellos os seus recursos técnicos e xurídicos para facilitar a aplicación da reforma laboral

O vicepresidente terceiro provincial, Plácido Álvarez, presidiu esta mañá unha reunión telemática con técnicos da Deputación e representantes dos municipios da provincia para abordar cuestións relacionadas con este tema

Plácido Álvarez resalta que foi un encontro “moi produtivo e cunha altísima participación” e avanza a máxima colaboración cos 92 concellos da provincia, “na liña de cooperación e soporte aos municipios que sempre mantemos nesta institución”

A Deputación elaborou documentos técnicos sobre os cambios no marco laboral que xa facilitou aos concellos. Ademais, facilitou un enderezo electrónico para resolver cuestións e dúbidas dos gobernos municipais

Ourense, 29 de marzo de 2022.- A Deputación de Ourense pon os seus recursos técnicos e xurídicos a disposición dos concellos da provincia, para facilitar neste caso a aplicación práctica das novidades introducidas pola reforma laboral e as medidas para reducir a temporalidade no emprego público.

Leer más:   Recepción no Pazo Provincial ao presidente da asociación de adestradores de fútbol Afiador

A sala de xuntas do Pazo Provincial acolleu esta mañá unha xuntanza telemática presidida polo vicepresidente terceiro, Plácido Álvarez, e na que persoal técnico e xurídico da Deputación e representantes dos concellos abordaron diferentes aspectos relativos ao Real Decreto-Lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado do traballo e pola Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para reducir a temporalidade no emprego público.

O vicepresidente terceiro da Deputación resalta que foi un encontro “moi produtivo e cunha altísima participación”. Plácido Álvarez avanzou a máxima colaboración cos 92 concellos da provincia, “na liña de cooperación e soporte aos municipios que sempre mantemos nesta institución”.

Leer más:   O Marcos Valcárcel celebrou o Día internacional dos museos cun obradoiro de pintura

A Deputación elaborou varios documentos sobre esta cuestión que se achegaron aos concellos da provincia, como unha guía práctica relativa ás novidades introducidas polas medidas urxentes para a reforma laboral, instrucións vencelladas aos cambios no marco laboral ou un cronograma das actuacións a realizar polas entidades locais para cumprir o mandato da lei relativa ás medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

Na xuntanza desta mañá, os técnicos da Deputación aclararon aos representantes municipais cuestións sobre os documentos aportados, así como diferentes cuestións relacionadas con este tema. Ademais, a Deputación facilitou aos concellos un correo electrónico para que trasladen novas cuestións específicas de cada goberno municipal.

Leer más:   O vicepresidente César Fernández asistiu en Castrelo de Miño á inauguración da Festa da Anguía

- Te recomendamos -
Artículo anteriorFeijóo sitúa ya en la próxima semana activar su sucesión y agradece “la disponibilidad” de Baltar a que sea “rápida”
Artículo siguienteA Deputación colaborará nun proxecto de autoabastecemento de cereal para os gandeiros do Irixo
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.