Inicio Destacado A Deputación colaborará nun proxecto de autoabastecemento de cereal para os gandeiros...

A Deputación colaborará nun proxecto de autoabastecemento de cereal para os gandeiros do Irixo

Manuel Baltar recibiu no Pazo Provincial ao alcalde e presidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca do Carballiño, Manuel Cerdeira, co que concretou novas liñas de colaboración co Concello en infraestruturas, promoción e cultura, e mailo cofinanciamento de actividades da entidade intermunicipal

O presidente da Deputación resalta o compromiso con estes novos proxectos: “Coma o programa piloto de produción de cereais ou a aposta pola marca Irixo, que ten amosada a viabilidade de apostar polo propio”. Baltar encaixa os acordos con Concello e Mancomunidade na aposta clave do seu goberno pola cooperación, “unha palabra que está no ADN desta institución”

Cerdeira destaca que “sempre obtemos resposta ás necesidades da veciñanza que formulamos, o que fala ben ás claras da receptividade que ten Manuel Baltar ás nosas propostas”

Leer más:   César Fernández visitou o IES O Ribeiro na Semana Escolar das Letras Galegas, organizada pola Deputación

Ourense, 29 de marzo de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo unha reunión no Pazo Provincial co alcalde do Irixo e presidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca do Carballiño, Manuel Cerdeira, para analizar as liñas de colaboración abertas entre as tres entidades, ademais de concretar novas iniciativas de cooperación. Neste sentido, o presidente provincial comprometeu a axuda da Deputación para o desenvolvemento dun proxecto no que están a traballar no concello para o autoabastecemento de cereal dos gandeiros, colaboración que se concretará na adquisición de semente para este cultivo.

Tamén no ámbito do Concello, Manuel Baltar e Manuel Cerdeira pecharon outros acordos para o arranxo de vías municipais, a promoción da marca Irixo e un programa de actividades culturais. Manuel Baltar resalta o compromiso da Deputación con estes novos proxectos: “Como o proxecto piloto de produción de cereais ou seguir apostando pola marca Irixo, de produtos propios, que en varios meses de entrada no mercado ten amosada a súa viabilidade de apostar polo local”.

Leer más:   ÚLTIMA HORA | La prensa se queda sin tinta en Ourense: el periodista Jerónimo Martel fallece a los 93 años

Apoio á Mancomunidade do Carballiño

O presidente do goberno provincial avanzou a Manuel Cerdeira, xa coma presidente da Mancomunidade da comarca do Carballiño -integrada polo Irixo, Boborás, Beariz e San Amaro-,  a colaboración da Deputación no cofinanciamento das actividades desta entidade. Manuel Baltar encaixa os acordos dentro da liña de cooperación da Deputación coas entidades municipais e intermunicipais: “Está no ADN desta institución provincial”.

Pola súa banda, Manuel Cerdeira afirmou que a liña de traballo e diálogo que mantén a Deputación de Ourense co Concello do Irixo e a Mancomunidade do Carballiño “é totalmente satisfactoria, sempre obtendo resposta ás necesidades da veciñanza que formulamos, o que fala ben ás claras da receptividade que ten Manuel Baltar ás nosas propostas”.

Leer más:   Primal Scream, Belle & Sebastian e Metronomy encabezarán o OUR FEST Xacobeo 2022

- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación pon a disposición dos concellos os seus recursos técnicos e xurídicos para facilitar a aplicación da reforma laboral
Artículo siguienteFeijóo sitúa ya en la próxima semana activar su sucesión
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.