Inicio Destacado Deputación e Cruz Vermella blindan a súa colaboración e apostan por unha...

Deputación e Cruz Vermella blindan a súa colaboración e apostan por unha “resposta ordeada” ante a crise de Ucraína

Manuel Baltar recibiu no Pazo Provincial ao presidente da organización humanitaria en Ourense, Felipe Ferreiro, destacando a aposta da Deputación pola cooperación para traballar nunha reacción única e eficiente

Ferreiro agradeceu a posta en marcha do centro loxístico no polígono de San Cibrao, “como tamén o fixo durante a pandemia no Paco Paz para atender a persoal de servizos de emerxencia e servizos básicos”

A Deputación seguirá a cooperar cos proxectos que desenvolve a Cruz Vermella e doará un novo vehículo para facilitar a mobilidade de persoas maiores e refuxiados

Ourense, 1 de abril de 2022.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao presidente de Cruz Vermella Ourense, Felipe Ferreiro, no marco dos encontros periódicos que os titulares de ámbalas institucións manteñen para analizar os distintos proxectos nos que colaboran, poñendo énfase desta volta na crise humanitaria provocada pola guerra en Ucraína. Neste sentido, Manuel Baltar e Felipe Ferreiro avogaron por unha “coordinación ordenada” das iniciativas solidarias que se están levando a cabo, tanto para enviar materiais de primeira necesidade ás fronteiras co país ucraíno como para traer a refuxiados e garantir a súa atención adecuada na provincia.

Leer más:   Os alumnos do Obradoiro de Instrumentos da Deputación pecharon o curso 2021-2022 cun acto no Marcos Valcárcel

O presidente provincial subliñou que a “resposta única” foi a liña de traballo pola que se apostou desde un primeiro momento na Deputación, “poñendo en marcha un centro loxístico no noso parque de maquinaria para recoller todo o material, ademais de coordinar a través da área de Benestar todas as iniciativas e medios postos a disposición polos concellos”. Felipe Ferreiro recoñeceu que a crise ucraína desbórdalles, recomendando que “toda a axuda humanitaria e maila acollida de refuxiados se canalice de xeito adecuado”, ao tempo que agradeceu a posta en marcha do centro loxístico “como tamén fixo a Deputación durante a pandemia no Paco Paz para atender aos camioneiros e persoal de servizos de emerxencia e servizos básicos”.

Leer más:   Castrelo de Miño celebra o Espírito Ribeiro

Na reunión tamén se falou doutras liñas de colaboración e dos proxectos da organización humanitaria en Ourense, como a cooperación nas actividades do programa de Socorro e Xuventude ou a doazón dun vehículo para facilitar a mobilidade de persoas maiores e, agora tamén, dos refuxiados de Ucraína.

Este encontro é unha mostra da “permanente comunicación que mantemos cunha institución como Cruz Vermella -dixo Manuel Baltar-, que ademais nos permite recoller achegas e experiencias que de seguro mellorarán en moito os procedementos que temos en marcha”. Unha “especial sensibilidade e esforzo da Deputación, coa que sempre podemos contar e aínda máis para casos excepcionais”, engadiu pola súa banda Felipe Ferreiro.

Leer más:   Destacados de Diciembre

- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación reforza o seu compromiso coa Asociación de Produtores de Pataca da Limia
Artículo siguienteUn itinerario fotográfico aposta por poñer en valor o curso transfronteirizo do río Limia
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.