Inicio Destacado Os alumnos do Obradoiro de Instrumentos da Deputación pecharon o curso 2021-2022...

Os alumnos do Obradoiro de Instrumentos da Deputación pecharon o curso 2021-2022 cun acto no Marcos Valcárcel

Carlos Castro Manuel Branas Rosendo Fernandez e Patricia Torres

Concerto de Vanesa Muela e Rodrigo Jarabo

Os talleres foron impartidos por Manuel Brañas e Carlos Castro nas especialidades de gaita, requinta, pito pastoril e instrumentos de percusión e medievais

O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, recoñeceu o traballo do obradoiro e de todo o equipo, encabezado polo seu director, Manuel Brañas: “Isto é cultura con maiúsculas, conservando e potenciando as nosas tradicións e ademais facendo canteira”

Ourense, 01 de xuño de 2022.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participou esta tarde no Centro Cultural Marcos Valcárcel na entrega dos diplomas acreditativos do curso 2021-2022 do Obradoiro de Instrumentos da Deputación de Ourense. Os talleres, impartidos por Manuel Brañas e Carlos Castro, xiraron arredor das especialidades de gaita, requinta, pito pastoril e instrumentos de percusión e medievais.

Leer más:   A Deputación colabora coa 13ª edición do Salón do Automóbil

Rosendo Fernández, que estivo acompañado pola deputada de Cultura, Patricia Torres, recoñeceu o traballo do obradoiro e de todo o equipo, encabezado polo seu director, Manuel Brañas: “Isto é cultura con maiúsculas, conservando e potenciando as nosas tradicións e ademais facendo canteira”

Como peche do acto, Vanesa Muela e Rodrigo Jarabo ofreceron un concerto no salón de actos do Marcos Valcárcel, cunha escolma de cancións tradicionais de Castela e León. Ambos teñen unha amplísima experiencia ás costas e son auténticos referentes do folclore español: Muela ten dous premios nacionais neste eido mentras que Jaro ofreceu numerosos concertos e tamén destaca como docente e divulgador.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorBaltar define o Rally de Ourense como “un proxecto de todos e un emblema que supera os límites da provincia”
Artículo siguienteMaría Bustillo Casado asume la jefatura del Servicio de Medicina Interna del Hospital Universitario de Ourense
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.