Inicio Destacado A Deputación colabora coa 13ª edición do Salón do Automóbil

A Deputación colabora coa 13ª edición do Salón do Automóbil

César Fernández resaltou na presentación do evento o peso específico do sector da automoción, “un axente central da economía ourensá e co a que a Deputación ten sempre unha vía de colaboración aberta para seguir avanzando na dinamización da provincia”

Unha quincena de concesionarios ourensáns pertencentes a ACAUTO participarán en Expourense nunha cita que se celebrará durante dos fines de semana: do 14 ó 16 outubro terá lugar o Salón do Vehículo Novo, e dende o 21 ao 23 de outubro o do Vehículo de Ocasión

Este ano repítese a colaboración con Cáritas Ourense, entidade que recibirá 15 euros por cada vehículo vendido que será achegada entre Expourense e ACAUTO

Ourense, 6 de outubro de 2022.- O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participou esta mañá en Expourense na presentación da 13ª edición do Salón do Automóbil, que se celebrará durante dúas fines de semana seguidas en Expourense, coorganizadora da cita xunto á Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense (ACAUTO) coa colaboración da Deputación.

Leer más:   O presidente da Deputación recibe ao alcalde da Rúa

Unha quincena de concesionarios da provincia de Ourense pertencentes a ACAUTO participarán como expositores no Salón de Automóbil: a fin de semana do 14 ó 16 outubro terá lugar o Salón do Vehículo Novo, e dende o 21 ao 23 de outubro o do Vehículo de Ocasión.

César Fernández resaltou na presentación do evento o peso específico do sector da automoción, “un axente central da economía ourensá e co a que a Deputación ten sempre unha vía de colaboración aberta para seguir avanzando na dinamización da provincia”. O vicepresidente segundo estivo acompañado na presentación polo presidente de ACAUTO, Ramón Seijas; o secretario xeral de Cáritas en Ourense, Javier Soto; o director xerente de Expourense, Rogelio Martínez; e directivos de ACAUTO.

Leer más:   A deputada Luz Doporto asistiu á xornada "A realidade do paciente neurolóxico"

Na súa intervención, o presidente de ACAUTO comentou que este salón “é unha cita clave na venda de vehículos anual en Ourense, reactiva o mercado e contribúe a rexuvenecer o parque mobil da provincia situado nos 12,5 anos de media de antigüidade dos vehículos”. Tamén fixo un repaso pola situación do mercado de venda de vehículos na provincia de Ourense, que descendeu un 13% neste exercizo (12% de media no resto de Galicia).

Quince empresas e vinte marcas

Todas as marcas presentes aproveitarán a súa presenza nesta cita para presentar os últimos lanzamentos e os vehículos que se van comercializar de cara a campaña do 2023. En total, participarán 15 empresas representando unha vintena de marcas que presentarán unha vintena de modelos novos.

Tanto dende ACAUTO como dende Expourense indícase que estas dúas citas son unha magnífica oportunidade para aqueles que buscan un coche novo. Como incentivo para animar aos visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización volverá sortear, entre os visitantes que pechen a compra dun automóbil novo ou de ocasión nestas citas, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do prezo de compra do vehículo adquirido.

Leer más:   A Deputación cooperará con Monterrei e Cualedro en actuacións enfocadas a mellorar os servizos aos veciños

Este ano repítese tamén a colaboración con Cáritas Ourense, entidade que recibirá ao rematar estas citas 15 euros por cada vehículo vendido que será achegada entre Expourense e ACAUTO.

O horario do 13º Salón do Automóbil será os venres 14 e 21 de outubro de 11.00 a 20.30 h.; os sábados 15 e 22 de outubro de 10.00 a 20.30 h., e os domingos 16 e 23 de outubro de 11.00 a 20.00 h. O prezo da entrada son 3 euros por cada salón (menores de ata 12 anos teñen entrada gratuíta).


- Te recomendamos -
Artículo anteriorUn hombre fallece atropellado por su tractor en A Veiga (Ourense)
Artículo siguiente(AM) Un hombre fallece atropellado por su tractor en A Veiga (Ourense)
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.