A Deputación e os concellos da Baixa Limia estudarán a creación dunha entidade asociativa para potenciar proxectos estratéxicos na comarca

Manuel Baltar e os alcaldes e alcaldesas de Bande, Muíños, Lobios, Entrimo e Lobeira impulsarán unha iniciativa “que dea resposta á visión de comarca coa que todos estamos comprometidos”

O presidente provincial anunciou unha subvención de 9.000 euros para cada concello -incluído Calvos de Randín- co fin de que podan abrir durante tres meses a rede de centros de Portas do Xurés. Disporán doutra axuda individual de 10.000 euros para financiar as actividades do proxecto Xurés Experience

Na xuntanza reafirmouse o compromiso coa demanda da prolongación da autovía AG-31 ata a fronteira con Portugal e o apoio da Deputación, desde a vicepresidencia de Femembalses, a adopción de cambios normativos e mecanismos compensatorios “para que o impacto económico dos encoros nesta zona tamén repercuta nos concellos”

Ourense, 4 de abril de 2022.- A Deputación de Ourense e os concellos da Baixa Limia estudarán a posta en marcha dunha entidade asociativa “que dea resposta á visión de comarca coa que todos estamos comprometidos e facilite o desenvolvemento de proxectos estratéxicos”, anunciou esta mañá o presidente provincial, Manuel Baltar, ao remate do encontro que no Balneario de Lobios mantivo cos alcaldes e alcaldesas da comarca: Sandrá Quintas (Bande); Plácido Álvarez (Muíños); Ramón Alonso (Entrimo); María del Carmen Yáñez (Lobios); e o concelleiro Antonio Regueira, en representación de Lobeira.

Manuel Baltar cualificou de satisfactoria unha reunión “na que se puxo de relevo a necesidade de traballar conxuntamente”, o que se reflicte nas conclusións da xuntanza, entre as que destacan cinco cuestións relacionadas co turismo, a promoción de actividades, infraestruturas, economía e termalismo.

O primeiro dos asuntos esta relacionado coa apertura da rede de Portas do Xurés, constituída por seis centros de interpretación do parque natural, incluído tamén o situado en Calvos de Randín. O presidente provincial, que se comprometeu a buscar a través do Inorde unha fórmula estable para manter a apertura destes centros, avanzou que na modificación de créditos que se presentará ao pleno o de abril se incluirá unha subvención nominativa de 9.000 euros a favor de cada un dos seis concellos, “co fin de garantir que estas oficinas estean abertas aos visitantes alo menos durante 3 meses, do 15 de xuño ao 15 de setembro”.

Por outra banda e xa centrados nos cinco municipios que conforman a Baixa Limia, Manuel Baltar informou que en tanto non se constitúa a entidade asociativa acordada a Deputación consignará na citada modificación de créditos unha partida de 50.000 euros -10.000 para cada concello- destinados a financiar as distintas actividades culturais, deportivas e recreativas que forman parte do proxecto Xurés Experience, apoiado xa no seu momento polo goberno provincial.

Reivindicación da prolongación da autovía AG-31 ata a fronteira con Portugal

A xuntanza tamén serviu para reforzar o compromiso coa iniciativa política aprobada pola corporación provincial no último pleno para a prolongación da autovía AG-31 ata a fronteira con Portugal. Unha infraestrutura “longamente demandada e que todo o mundo apoia desde hai tempo polo seu carácter estratéxico”, afirmou Manuel Baltar, e que na actualidade ten “unha posibilidade real no escenario financeiro dos fondos Next Generation”.

A esta reivindicación engadiuse unha segunda demanda relacionada cos encoros existentes na comarca e os concellos afectados, tendo en conta ademais que a Deputación de Ourense ocupa a vicepresidencia da Federación Nacional de Asociacións e Municipios con Centrais Hidroeléctricas e Encoros (Femembalses). Así acordouse impulsar a redacción dunha moción para presentar nos concellos da comarca, “e que tamén apoiaremos desde a Deputación, para defender os cambios normativos que procedan e os mecanismos compensatorios que se determinen” para que o impacto económico deses encoros tamén repercuta nos concellos.

Por último, no encontro falouse tamén do ámbito termal, “e mellor que nesta comarca non está fundamentada a nosa aposta polo termalismo”, asegurou o presidente. Antes de que remate abril, sinalou Manuel Baltar, a xerente do Inorde, Emma González, convocará unha reunión de traballo cos alcaldes e alcaldesas para explicar os detalles de dous proxectos estrela da Deputación neste ámbito: o Plan de Sostibilidade Turística “Ourense Provincia Termal” e o proxecto Destino Turístico Intelixente, este último onde Ourense é unha das catro provincias que o conseguiu e que se implantará neste ano.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 28 de abril de 2024

En la mañana de hoy en Ourense tendremos más nubes que claros con lloviznas generalizadas…

17 horas hace

Gonzalo Sánchez, PwC España: “Una banca sostenible es clave para el desarrollo y bienestar del país”

El presidente de PwC España, Gonzalo Sánchez, manifestó que "los resultados del sector financiero son…

1 día hace

Equipos de la America’s Cup comienzan a mostrar innovaciones con la botadura de los ac75

Con el NYYC American Magic y el Orient Express Racing a punto de desvelar sus…

1 día hace

Asempleo insta a un acuerdo amplio para disminuir los accidentes laborales

En el marco del Día Internacional de la Seguridad y la Salud en el Trabajo,…

1 día hace

Grupo Albia lidera como la funeraria más valorada en España según el NPS

Grupo Albia ha sido reconocida, un año más, por su excelencia en el acompañamiento a…

1 día hace

Holaluz enfrenta semana crucial con préstamos pendientes

Holaluz cierra una semana crucial con el mercado aún pendiente de la concreción de préstamos…

1 día hace

Esta web usa cookies.