Inicio Destacado A Deputación patrocina a XV Mostra de Teatro Amador Terras de Orcellón

A Deputación patrocina a XV Mostra de Teatro Amador Terras de Orcellón

A mostra celebrarase no Carballiño entre outubro e novembro cunha programación que abarca sete obras de compañías galegas

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, valorou a importancia dunha mostra “referencial no teatro amador e que resalta os vínculos entre Carballiño e o teatro”

Ourense, 19 de setembro de 2022.- O Carballiño acollerá en outubro e novembro a XV edición da Mostra de Teatro Amador Terras de Orcellón, organizada polo grupo de teatro Tiruleque co patrocinio da Deputación de Ourense e o Concello do Carballiño. “Esta é unha mostra de referencia do teatro amador e que resalta os fortes vínculos existentes entre Carballiño e o teatro”, destacou esta mañá o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, nunha presentación na que estivo acompañado polo alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, a directiva de Tiruleque Lidya Giselle Almonte e a actriz Mari Fernández.

Leer más:   A Deputación reforza a súa colaboración coa Denominación de Orixe Monterrei

Na súa intervención, César Fernández enmarcou o apoio da Deputación a esta cita dentro do papel que “deben asumir as administracións públicas de impulso á cultura” e aplaudiu o traballo de Tiruleque levando a cabo unha mostra que ten “unha vertente social, pois co seu carácter amador permite implicar a persoas alleas ao teatro profesional”.

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, agradeceu o apoio da Deputación e recoñeceu a labor de Tiruleque “coa súa función social e, dende logo, desenrolando esta ambiciosa programación teatral para os meses de novembro e outubro na nosa vila”.

Dende a organización, Lidya Giselle Almonte destacou a “gran cantidade de compañías de teatro amador que amosaron o seu interese por participar nunha mostra coa que aportamos o noso gran de area á programación cultural do Carballiño”. Almonte agradeceu o apoio da Deputación e o Concello á Mostra de Teatro Amador Terras do Orcellón e reivindicou a importancia de “investir na cultura”.

Leer más:   Rosendo Fernández asiste á inauguración de Antiq Auria

Programación

A XV Mostra de Teatro Amador Terras de Orcellón programará sete obras de compañías galegas entre outubro e novembro: todas celebraranse no Auditorio Manuel María do Carballiño a partir das 20,00 horas. A primeira cita será “Olimpo’s”, de Farandoleiras Cabaré -1 de outubro-. A partir de aí, “O enredo”, de A Tequerreté -12 de outubro-; “Un desastre de función” de Gargallada Teatro -15 de outubro-; “Siempre nos quedará Venecia” de La Caja de Pandora -22 de outubro-; “O documento” do Grupo de Teatro Ollomao -29 de outubro-; “Nadal na casa dos Lamelo”, de Achádego Teatro -30 de outubro-; e “Microtirulos”, de Tiruleque Teatro, composta por “Raios, tronos”, “Milhomes”, “Morreu a tía María” e “Reencarnación”, programada para o 5 e 6 de novembro.

Leer más:   A Deputación creará unha oficina para apoiar aos concellos na implantación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a Axenda 2030

 


- Te recomendamos -
Artículo anteriorII Xornadas LGTBI: Ourense por bandeira
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Ourense, 20 de septiembre de 2022
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.