Inicio Destacado II Xornadas LGTBI: Ourense por bandeira

II Xornadas LGTBI: Ourense por bandeira

A AGRUPACIÓN MUNICIPAL DO PSDEG-PSOE DE OURENSE E AS XUVENTUDES SOCIALISTAS DE OURENSE PRESENTAN AS “II XORNADAS LGTBI: OURENSE POR BANDEIRA”

As xornadas terán lugar o vindeiro domingo, 25 de setembro, e contarán cun “cartel de luxo” no que estarán referentes a nivel nacional coma Beatriz Carrillo, Santiago Rivero e Raquel Pedraja.

A Lei de Igualdade de Trato e Non Discriminación, a chamada “Lei Zerolo”, a prevención e loita contra a LGTBIfobia e a Lei Trans serán os temas fundamentais sobre os que xirarán as xornadas.

Ourense, 19 de setembro de 2022. A agrupación municipal do PSdeG-PSOE de Ourense e as Xuventudes Socialistas presentaron esta mañá o cartel das II Xornadas LGTBI Ourense por Bandeira. O evento terá lugar o vindeiro domingo, 25 de setembro, nos salóns do Restaurante Sanmiguel a partir das 09:30 horas.

Leer más:   ÚLTIMA HORA | Tragedia en la provincia de Ourense: fallece a los 73 años la mujer del alcalde de Punxín tras precipitarse en un pozo de regadío

Natalia González, secretaria xeral da CEM do PSdeG-PSOE Ourenseresaltou “o traballo conxunto das dúas organizacións para poñer na axenda política de Ourense dúas das sinais de identidade dos socialistas e dous temas transcendentais para o futuro da nosa sociedade: a loita pola igualdade e os dereitos do colectivo LGTBI”.

Engadiu ademais que este ano “contamos cun cartel de luxo con poñentes de prestixio a todos os niveis como Beatriz Carrillo, poñente da Lei Zerolo, deputada no Congreso e membra da CEF,;Santiago Rivero, deputado na Asamblea de Madrid e referente da loita do colectivo na súa comunidade; e Raquel Pedraja, deputada no Congreso e vogal na súa comisión de igualdade”.

Leer más:   Muere un hombre de 41 años al caer por un desnivel con un tractor en Monterrei (Ourense)

Sarai Voces, vicesecretaria xeral das Xuventudes Socialistas de Ourense, puxo de relevancia que “son unhas xornadas abertas a toda a cidadanía e as que convidamos a participar a todos e a todas este próximo domingo en xornada de  mañá, e que van xa pola súa segunda edición, froito do compromiso do partido e a nosa organización coa loita social a prol da igualdade e dos dereitos e liberdades do colectivo LGTBI en Ourense”.

126 anos de socialismo en Ourense

O comezo da presentación veu marcado pola conmemoración tamén no día de hoxe do 126 aniversario da creación da primeira agrupación municipal socialista ourensá, “un día especial e simbólico para o noso partido, no que animo a todos e a todas a seguir traballando e continuar facendo historia” comezou a secretaria xeral.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA música en directo regresa ao Teatro Principal en outubro co XIX Festival Internacional de Blues, patrocinado pola Deputación
Artículo siguienteA Deputación patrocina a XV Mostra de Teatro Amador Terras de Orcellón
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.