Ourense, 18 de abril de 2022.- A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá por vía telemática baixo a presidencia de Manuel Baltar, aprobou a concesión de máis de 300.000 euros en axudas para proxectos de cooperación local cos concellos e iniciativas empresariais e de autoemprego no rural no marco do programa EmprendOU. Con respecto a este programa, concedéronse cinco subvencións cuxa contía oscila entre os 7.000 e os máis de 8.000 euros para a posta en marcha doutros cinco proxectos relacionados con servizos de limpeza, actividades forestais e hostalería a desenvolver nos municipios da Peroxa, Riós, A Bola e dous deles en Entrimo.
No tocante á cooperación cos concellos, a Xunta de Goberno aprobou as seguintes subvencións: Preto de 48.000 euros para o Concello de Avión con destino á reparación do firme na estrada Espiñeiro-Vilariño; máis de 61.000 euros para a reforma do centro de saúde de Beariz; 48.000 euros para a mellora de camiños na localidade de Castelerriña, en Chandrexa de Queixa; máis de 18.000 euros para o servizo de arquitectura municipal en Punxín; 48.000 euros para o acondicionamento de camiños municipais en Rairiz de Veiga; a mesma cantidade para as obras de reforma da Casa do Concello de san Xoán de Río; e 25.000 euros para un axente de emprego e desenvolvemento local en Trasmiras.
El valor medio de un club que disputa LALIGA EA SPORTS asciende, según datos del…
Según una investigación, China podría estar utilizando empresas tecnológicas para recolectar datos de usuarios en…
El compromiso, dedicación y humanidad de los profesionales de la Fundación Jiménez Díaz y su…
Hoy a primera hora en Ourense se prevén más nubes que claros. Por la tarde…
En el día de hoy en Ourense habrá más nubes que claros con lluvia. En…
Para hoy en Ourense el cielo estará cubierto con lluvia. Las temperaturas oscilarán entre una…
Esta web usa cookies.