Esgos, 18 de abril de 2022.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, asistiu esta mañá á presentación das novas sendas peonís proxectadas pola Xunta de Galicia en As Vendas (Esgos) e Santa Baia (Pereiro de Aguiar). Estas dúas inversións do goberno autonómico suman 1,1 millóns de euros, abarcando máis de 3 quilómetros de lonxitude na marxe esquerda da OU-536 e prevénse que estén finalizadas na primavera do 2023. Neste acto tamén estiveron a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; e os alcaldes de Esgos e Pereiro, Mario Rodríguez e Luis Menor.
- Te recomendamos -