Inicio Destacado Manuel Baltar analiza futuras vías de colaboración entre a Deputación e o...

Manuel Baltar analiza futuras vías de colaboración entre a Deputación e o Concello coa nova alcaldesa de Riós

O presidente provincial recibiu no Pazo Provincial a Eva Barrio, que tomou posesión do seu cargo o pasado 23 de abril, para coñecer as liñas estratéxicas do novo goberno local

Ourense, 1 de maio de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial á nova alcaldesa de Riós, Eva Barrio, que tomou posesión do seu cargo o pasado 23 de abril, para coñecer as liñas estratéxicas do novo goberno local e analizar futuras vías de colaboración coa institución provincial.

Manuel Baltar felicitou á alcaldesa pola responsabilidade que asume diante da súa veciñanza e desexoulle moitos éxitos na súa xestión. Eva Barrio, entre tanto, agradeceu “a colaboración da Deputación e a boa disposición que amosa sempre o seu presidente co Concello de Riós e sen a que sería imposible por en marcha moitas obras e servizos”.

Leer más:   A XIII edición da BTT de Maceda reunirá este domingo a máis de 180 deportistas

Durante o encontro no Pazo Provincial, Manuel Baltar e Eva Barrio repasaron as actuacións realizadas en Riós coa colaboración da Deputación, como o convenio para o Centro Agroforestal; as accións en empregabilidade e mocidade desenvolvidas no concello grazas aos programas provinciais; a incorporación dun condutor para a máquina rozadoira, dentro do plan provincial de marxes de estradas; a achega da parte do Concello ao Plan Marco 2022-2023; e obras como a construción de Centro de Día e a rehabilitación de vivendas sociais na localidade de Castrelo de Cima.

A alcaldesa presentou a Manuel Baltar outros proxectos nos que está a traballar o goberno local e as necesidades de financiamento, como a posta en funcionamento do citado Centro de Día; o acondicionamento e humanización do barrio de Marmolín e do camiño da igrexa no Riós; e o arranxo da estrada que une A Veiguiña e Valfarto.

Leer más:   A Deputación apoiará un proxecto pioneiro no cinto empresarial de Ourense para o tratamento conxunto dos residuos industriais

- Te recomendamos -
Artículo anteriorCésar Fernández asiste en Santiago á presentación dos Concertos do Xacobeo, cunha ducia de festivais, artistas e concertos xa confirmados na provincia de Ourense
Artículo siguienteAprobada unha concesión de 177.000 euros para cooperación local e o programa EmpredOU
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.