Inicio Destacado Aprobada unha concesión de 177.000 euros para cooperación local e o programa...

Aprobada unha concesión de 177.000 euros para cooperación local e o programa EmpredOU

Ourense, 2 de maio de 2022.- A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá por vía telemática baixo a presidencia do vicepresidente primeiro, Rosendo Fernández, aprobou a concesión de case 177.000 euros en subvencións para cooperación cos concellos e iniciativas empresariais de autoemprego no rural dentro do programa EmprendOU.

No capítulo de cooperación local concedéronse máis de 65.000 euros ao Concello da Rúa para o cofinanciamento, xunto co IDAE, de dous proxectos de aforro e eficiencia enerxética. Tamén se aprobaron dúas axudas por valor de 48.000 euros cada unha delas para obras no pavillón de deportes de Amoeiro e o acondicionamento de camiños en Quintela de Leirado.

Leer más:   A Deputación afianza a súa colaboración con Vilar de Santos co apoio a proxectos de eficiencia enerxética, infraestruturas e cultura

Polo que respecta ao programa EmprendOU aprobáronse senllas axudas por un importe superior aos 15.000 euros para dous proxectos relacionados coa agricultura e o sector do metal, a desenvolver nos concellos da Veiga e Laza.

A relación dos asuntos tratados na reunión da Xunta de Goberno complétase cun expediente de expropiación forzosa para a reposición de servizos afectados con motivo das obras de acondicionamento e mellora da OU-0509, Luíntra-Esgos.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorManuel Baltar analiza futuras vías de colaboración entre a Deputación e o Concello coa nova alcaldesa de Riós
Artículo siguienteA Deputación colabora coa organización do IV Car Outlet, que se celebrará este fin de semana en Expourense
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.