Inicio Destacado A Deputación colabora coa organización do IV Car Outlet, que se celebrará...

A Deputación colabora coa organización do IV Car Outlet, que se celebrará este fin de semana en Expourense

Presentacion de Acauto 2

Ourense, 02 de maio de 2022.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, asistiu esta mañá en Expourense á presentación da cuarta edición do Car Outlet Ourense, que se celebrará no recinto ferial entre o 6 e o 8 de maio. Este evento está organizado por Expourense e a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense (ACAUTO), e conta coa colaboración da Deputación de Ourense e Abanca. 

Rosendo Fernández resaltou a importancia deste evento para o sector na presentación, na que estivo acompañado polo director xerente de Expourense, Rogelio Martínez; o presidente de Acauto, Ramón Seijas e o director da zona centro de Abanca, Enrique Romero. 

A cuarta edición do Car Outlet Ourense acollerá a máis de 400 vehículos de 20 marcas diferentes, pertencente aos 14 concesionarios englobados en Acauto.

Leer más:   Acisclo Manzano recibirá o 17 de xuño a Medalla de Ouro da provincia "por toda unha vida creando e crendo nesta terra"

- Te recomendamos -
Artículo anteriorAprobada unha concesión de 177.000 euros para cooperación local e o programa EmpredOU
Artículo siguienteRosendo Fernández asiste ao Túnel do viño da IXP Val do Miño-Ourense, no Marcos Valcárcel
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.