Inicio Destacado Manuel Baltar pon en valor o modelo de planificación cultural de Ourense...

Manuel Baltar pon en valor o modelo de planificación cultural de Ourense na xornada de patrimonio monumental organizada por Partenalia

Manuel Baltar interven na xornada de Partenalia web 2

Parte dos participantes na xornada de Partenalia web 3

O presidente da Deputación de Ourense tamén reivindicou no encontro de traballo, celebrado no Museo Etnográfico de León, a importancia desta rede europea de gobernos intermedios: “Partenalia é unha idea de éxito e un punto importante na construción europea, ofrecendo unha interlocución directa coas altas instancias comunitarias”

O presidente da Deputación de León, Eduardo Morán, recoñeceu ante os medios de comunicación o traballo de Manuel Baltar ao fronte de Partenalia: “Está a poñer en valor as administracións locais e intermedias en Europa, liderando proxectos comúns”

Mansilla de las Mulas, 3 de maio de 2022.- Manuel Baltar interveu esta mañá no Museo Etnográfico de León, en Mansilla de las Mulas, na apertura das xornada sobre o patrimonio monumental organizada por Partenalia, a rede europea de gobernos intermedios para a cooperación territorial liderada polo presidente da Deputación de Ourense.

Nesta xornada, que contou coa presenza de políticos de administracións públicas intermedias e expertos europeos en turismo, Manuel Baltar estivo acompañado, entre outros, polo presidente da Deputación de León, Eduardo Morán; o vicepresidente da Deputación de Valencia -e vicepresidente de Partenalia-, Carlos Bielsa ou o presidente da rede de gobernos provinciais de Polonia, Grzegorz P. Kubalski.

Leer más:   O actor Chechu Salgado recibirá o premio Ourense no Festival de Cine Internacional de Ourense

Manuel Baltar remarcou a importancia desta xornada para “poñer en valor o modelo da Deputación de Ourense, o modelo da planificación, da programación, do Camiño de Santiago, o noso potencial termal, agora, sen dúbida, potenciado pola conexión co AVE coa capital do estado en pouco máis de dúas horas”. E resaltou o peso específico de Partenalia -“unha idea de éxito admirada en toda Europa e un punto importante na construción europea”- nun momento como este, de captación dos fondos Next Generation e do marco financeiro plurianual, no que esta rede europea ofrece unha “interlocución directa” coas altas institucións comunitarias.

Baltar valorou a importancia do traballo en rede, na liña do executado nas organizacións europeas que preside, como Partenalia, a European Historical Thermal Towns Association (EHTTA) ou a Confederación Europea de Poderes Locales Intermedios (CEPLI), da que é vicepresidente: “Estas xornadas son vitais para intercambiar experiencias, para aprender uns dos outros, para ver o que se está a facer en Europa, para comprobar a vangarda”.

Leer más:   César Fernández participou na entrega de premios da primera edición da Arnoia Sup Challenge

Tamén sinalou como este encontro reivindica o traballo realizado en Ourense: “Aquí temos a capacidade de ver como desde Ourense estamos marcando un camiño interesante que é copiado noutros gobernos. Este é o momento de turismo, de patrimonio, arquitectura, cultura, e unha provincia como a nosa, a piques de implementar o programa de Destino Turístico Intelixente, é unha grandísima noticia compartir cos colegas europeos a nosa boa forma de gobernar”.

O presidente da Deputación de León destaca o liderado de Manuel Baltar en Partenalia

O presidente da Deputación de León, Eduardo Morán, recoñeceu na súa intervención ante os medios de comunicación o liderado de Manuel Baltar ao fronte de Partenalia: “Poñendo en valor as administracións locais e intermedias, liderando estas posicións en Europea, a través de proxectos comúns ou prantexando a necesidade de xestionar directamente os fondos comunitarios”.

Na primeira parte da xornada en Mansilla de las Mulas intercambiáronse boas prácticas vencelladas á promoción e xestión de lugares turísticos e os seus monumentos históricos -especialmente os que se atopan en zonas rurais- nun contexto de pospandemia no que o turismo sitúase como unha ferramenta imprescindible de recuperación económica.

Leer más:   O vicepresidente Rosendo Fernández participou na entrega de premios do 55 Rallye de Ourense

O coordinador de Partenalia, Nicolas Reynès, disertou sobre o “Patrimonio monumental: unha oportunidade de desenrolo do turismo de proximidade. Dentro dunha xornada que combinou relatores presenciais e por videoconferencia interviron, entre outros, o mencionado Grzegorz P. Kubalski; o deputado de Cultura da Deputación de León, Pablo López; o presidente do distrito de Neamt (Rumanía), Ionel Arsene; o deputado provincial de Brabant-Wallon (Bélxica) Marc Bastin; o alcalde de Quart de Poblet e asesor de fondos europeos da Generalitat Valenciana, Bartolomé Nofuentes ou o presidente da provincia de Lucca (Italia), Luca Menesini.

A segunda parte do programa xirou arredor da “Promoción e visibilidade do patrimonio monumental no ámbito rural”, contando coa participación de expertos europeos no eido do turismo, a promoción do patrimonio monumental e o desenrolo rural. O programa da mañá completouse cun debate entre os participantes moderado por Reynès, xirando arredor da necesidade de aumentar o poder de atracción dos turistas e como blindar o máximo recoñecemento institucional e visibilidade da riqueza patrimonial dos territorios europeos, fondamente integrados na identidade comunitaria.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl alcalde de Orense empuja a una sindicalista con un megáfono y alega que estaba “impidiendo una agresión acústica”
Artículo siguienteLa Diputación de Ourense afea que el Gobierno le acaba de enviar 422.165 mascarillas que caducan en un mes
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.