Inicio Destacado O actor Chechu Salgado recibirá o premio Ourense no Festival de Cine...

O actor Chechu Salgado recibirá o premio Ourense no Festival de Cine Internacional de Ourense

O presidente da Deputación recibiu esta mañá ao actor, que acaba de gañar un Goya polo seu papel no filme “Las leyes de la frontera”. Manuel Baltar, que plantexou este recoñecemento á Fundación Carlos Velo e a organización do OUFF, aplaude o traballo de Salgado: “Os seus éxitos son unha ledicia para el e para un goberno como este, que leva anos apostando polo cinema”

Chechu Salgado agradece o premio e destaca o apoio do goberno provincial ao audiovisual: “Agradezo o apoio que fai a Deputación ao cinema, que é moi importante para todos os que nos adicamos a este sector”. O actor ourensán está gravando “Motel Valkirias”, unha produción galego-portuguesa  patrocinada pola Deputación de Ourense

Ourense, 24 de febreiro de 2022.- O actor ourensán Chechu Salgado, recente gañador do Goya ao mellor actor revelación, foi recibido esta mañá no Pazo Provincial polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. “É un orgullo recibilo en Ourense con este Goya, gañado e recoñecido, que supuxo unha grandísima ledicia para un ourensán como el e para un goberno coma este, que leva anos apostando polo cinema”, remarcou Manuel Baltar.

Leer más:   Ourense demuestra su capacidad organizativa en los preparativos para la Coupe de la Jeunesse 2022

O presidente da Deputación, despois de consultalo coa Fundación Carlos Velo e a organización do OUFF, propuxo ao actor ourensán para o premio Ourense: “Chechu Salgado é unha realidade importante que merece que o festival deste ano, a 27º edición do Festival de Cine Internacional de Ourense, outórguelle o premio Ourense. Este é o premio que leva o nome da nosa provincia: para recoñecer non so o éxito deste Goya senón o seu traballo, o seu compromiso e, sobre todo, un futuro que todos esperamos plagado de éxitos”.

Chechu Salgado agradeceu este futuro recoñecemento -“a verdade é que é unha sorpresa enorme recibir este premio”-, que recibirá durante a próxima edición do OUFF, que arranca o vindeiro 23 de setembro. O actor ourensán destacou o apoio da Deputación ao sector audiovisual: “Quero agradecer a Deputación o apoio que fai ao cinema, que é moi necesario e moi importante para todos os que nos adicamos a esto”. Precisamente, Chechu Salgado está traballando agora na serie “Hotel Valquiria”, unha produción galego-portuguesa patrocinada pola Deputación de Ourense.

Leer más:   Luz Doporto acompañou á Asociación de Personas Sordas de Ourense no Día nacional das linguas de signos

Premiado polo seu papel de Zarco en “Las leyes de la frontera”

O actor ourensán foi recoñecido nos premios Goya polo seu papel de Zarco en “Las leyes de la frontera”, adaptación da novela de Javier Cercas dirixida por Daniel Monzón, converténdose no terceiro ourensán en gañar un Goya despois de Javier Barreira -guion adaptado de “Tadeo Jones”- e o director Rodrigo Cortés -montaxe de “Buried”-. Salgado sucederá no historial do premio Ourense ao prestixioso produtor Alfonso Blanco, recoñecido no OUFF 2021 polo seu traballo con Portocabo en proxectos como “Hierro”, “Auga seca” ou “Cuñados”, un filme tamén patrocinado pola Deputación de Ourense.

Leer más:   A Deputación colaborará co músico ourensán Víctor Prieto no regreso, en 2023, das súas clases maxistrais internacionais de acordeón

- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación de Ourense constitúe a comisión de Patrimonio
Artículo siguienteManuel Baltar afirma que a dimensión, diversidade e dinamismo da área industrial de San Cibrao das Viñas a convirte no “polígono de Galicia”
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.