A Deputación de Ourense reforza o seu compromiso coa posta en valor do castelo de Monterrei

A institución provincial e a Axencia de Turismo de Galicia renovaron o convenio anual co Concello de Monterrei para cofinanciar a limpeza, conservación e mantemento do castelo

O alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, resalta o apoio da Deputación: “O Concello non ten recursos suficientes para estes traballos, polo que este convenio é clave para nos, garante co castelo sempre estará en perfecto estado”. O rexedor destaca a vontade de cooperación de Manuel Baltar: “O seu compromiso é férreo. Sempre está aí, axudando e cooperando”

O orzamento anual para este traballos no castelo de Monterrei suma 60.000 euros, dos que a Deputación de Ourense achega 40.000 euros e a Axencia de Turismo de Galicia, 20.000 euros

Ourense, 8 de maio de 2022.- A Deputación ven de reforzar o seu compromiso co castelo de Monterrei tras renovar, un ano máis, o convenio coa Xunta de Galicia -a través da Axencia de Turismo de Galicia- e o Concello de Monterrei para a limpeza, conservación e mantemento desta xoia patrimonial da provincia de Ourense. O orzamento para os traballos alcanza 60.000 euros, dos que a Deputación achega 40.000 euros e a Axencia de Turismo de Galicia, 20.000 euros.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, asinou esta semana o convenio no Pazo Provincial durante unha reunión co alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, na que tamén se avanzaron en novas liñas de colaboración.

O rexedor sinalou o seu agradecemento á Deputación: “Un ano máis, temos que agradecer o compromiso da Deputación para renovar este convenio. Para nós é vital ter o castelo en perfecto estado, e no Concello non temos recursos suficientes para afrontar estes traballos. Por iso este convenio é fundamental, a través del garantimos que a nosa gran xoia estea sempre perfecta para os visitantes, coa axuda da Deputación e da Xunta”. José Luis Suárez resalta a vontade de cooperación de Manuel Baltar: “O seu compromiso é férreo. Sempre está aí, axudando e colaborando”.

Este convenio de colaboración entre Deputación, Xunta e Concello ten como obxectivo  a “posta en valor do Castelo de Monterrei”, a través do “mantemento periódico para a control do vexetación, a eliminación da maleza dos arredores da fortaleza e a recollida do lixo. Actuacións que se estenderán a elementos de interese  situados no exterior do recinto amurallado como son a fonte o contorno do forte da Atalaia”. O acordo pretende reforzar a imaxe do Concello de Monterrei como destino cultural e artístico, “o que incrementará de maneira directa o fluxo turístico, propiciando repercusións económicas favorables para a comarca, e Galicia”.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 15 de mayo de 2024

Para hoy en Ourense estará muy nublado con lluvia. En relación a las temperaturas, estas…

15 horas hace

Tendencias en moda nupcial, alta joyería y gastronomía: personalización y exclusividad al alza

El sector nupcial en España goza de buena salud y, prueba de ello, es que…

1 día hace

LaLiga gana batalla legal por ElClásico contra Barça y Real Madrid

Real Madrid y Barça vuelven a tropezar en los tribunales en su lucha legal contra…

1 día hace

Faltan 100 días para que comience la Louis Vuitton 37ª America’s Cup en Barcelona

Restan cien días para que comience la Louis Vuitton 37ª America's Cup. Los seis equipos…

1 día hace

Estos son los vecinos de Ourense que serán reclutados en caso de que España entre en guerra

En un panorama donde la amenaza de guerra se siente más cercana en Europa, España…

1 día hace

Los 5 trucos que harán que evites los niveles máximos de alergia en Ourense

Se disparan las alergias en Ourense: alerta por niveles máximos de polen A estas alturas…

1 día hace

Esta web usa cookies.