Inicio Destacado A Deputación potenciará a área industrial de Pontedeva apoiando a construción dun...

A Deputación potenciará a área industrial de Pontedeva apoiando a construción dun edificio multiusos e completando o viveiro empresarial

Visita de Manuel Baltar a Pontedeva web

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, fixo este anuncio durante o encontro que mantivo esta mañá na Casa do Concello co alcalde en funcións, Juan Carlos González, e o tenente alcalde, Segundo Sande

En Pontedeva visitou tamén a área recreativa da Ponte, na que a Deputación contribuíu para a dotación de servizos básicos para aos usuarios

O rexedor accidental dixo estar “dobremente agradecido: polo xa feito e polo que está por realizar, ademais da visita persoal do presidente que lle dá un valor engadido á colaboración que atopamos na Deputación en todos estes anos”

Pontedeva, 9 de maio de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, vén de comprometer o apoio ao desenvolvemento da área industrial de Pontedeva, onde a institución provincial contribuirá á construción dun edificio multiusos -con espazos para unha casa niño, un centro de día ou un ximnasio- e o impulso definitivo ao viveiro empresarial. O presidente provincial fixo este anuncio durante o encontro que mantivo hoxe na Casa do Concello co alcalde en funcións, Juan Carlos González, e o tenente alcalde, Segundo Sande, visita que continuou cun percorrido pola área recreativa da Ponte, na que tamén a Deputación contribuíu para a dotación de servizos básicos para aos usuarios.

Leer más:   Rosendo Fernández asiste á presentación da senda peonil deseñada pola Xunta entre San Cibrao, Pereiro e Paderne

“Estamos a comprobar o resultado da cooperación entre a Deputación e o Concello en actuacións como esta área medio ambiental de referencia para a veciñanza, ao carón do río Deva”, declarou Manuel Baltar, subliñando que se trata “dun Concello planificador e por iso atopa a axeitada resposta en todo aquilo que pide”.

O presidente da institución provincial sinalou que Pontedeva é un concello “cunha alta dinamización empresarial, de aí que nos comprometamos a cooperar co goberno local para traballar polo progreso do concello e os seus habitantes, mesmo na mellora de estradas”.

Juan Carlos González, como rexedor accidental, dixo estar “dobremente agradecido: polo xa feito e polo que está por realizar, ademais da visita persoal do presidente que lle dá un valor engadido á colaboración que atopamos na Deputación en todos estes anos”. Para González, sen esta cooperación “nono poderíamos facer tanto, fosen pequenas obras ou apostando desde o primeiro momento polo noso proxecto de fomentar o parque empresarial”, agora traducido no apoio da Deputación ao desenrolo do edificio multiusos, proxecto no que tamén colaborará a Xunta de Galicia.

Leer más:   O presidente da Deputación visitou as librarías situadas na rúa do Paseo polo Día do Libro

- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación aproba a concesión de 645.000 euros para cooperar con concellos, entidades e promover iniciativas de autoemprego no rural
Artículo siguienteLos acusados de matar a un varón para hacerse con la herencia de su madre niegan el crimen y confrontan versiones
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.