A exposición “O amante do papel” achega a Picasso, Dalí e outros grandes nomes da historia da arte ao Valcárcel

A exposición inaugúrase mañá no centro cultural e está integrada por obras nunca antes expostas en público, abarcando dende o século XV ata o XX

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, destacou a  calidade das obras expostas e recalcou o peso específico do Marcos Valcárcel como motor turístico, ao coincidir esta mostra con “Ao redor do universo Beatle” e co Alpinche

A comisaria de “O amante do papel”, Rosario Sarmiento, detallou que a exposición está prantexada de “xeito cronolóxico e temático”: “O abano de artistas expostos é impresionante”

O director do centro cultural, Francisco González, agradeceu o traballo de Sarmiento e amosou o orgullo pola exposición: “Podería estar en calquera lugar do mundo pero está en Ourense”

Ourense, 11 de maio de 2022.- O Centro Cultural Marcos Valcárcel acollerá dende mañá, xoves 12 de maio, a exposición “O amante do papel”, que contará con gravados, debuxos ou litografías de artistas como Picasso, Rembrandt, Chagall ou Salvador Dalí. Esta mañá foi presentada a mostra coa presenza do vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández; a comisaria, Rosario Sarmiento; o director do Marcos Valcárcel, Francisco González, e o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar.

César Fernández salientou a relevancia desta mostra, composta con 43 obras “únicas no eido nacional e que forman parte das firmas máis recoñecidas da arte mundial”. Tampouco pasou por alto o vicepresidente provincial a importancia do momento no que se presentan estas obras, xa que “no Marcos Valcárcel convivirá a exposición dos Beatles e a exposición ‘O amante do papel’, reforzando o papel deste centro cultural como atractivo para achegarse a Ourense”.

Esta exposición está integrada por obras que por primeira vez son expostas ó público, como recalcou Rosario Sarmiento, que destacou a xenerosidade do coleccionista privado que durante “tantos anos leva formando esta inmensa colección”. Sarmiento sinala que a mostra é unha radiografía desta colección, “permitindo recorrer parte da historia da arte”. Nesta liña, “O amante do papel” está prantexada de xeito “cronolóxico e temático, buscando reflexar os grandes nomes  da historia da arte” dentro dos seus eixos temáticos, dende a relixión, arquitectura, a “art nouveau”, o surrealismo…O abano de artistas é impresionante”, sinalou Rosario Sarmiento, quen tamén salientou a sintonía coa Deputación para artellar a mostra.

O director do Marcos Valcárcel, Francisco González, explicou que esta exposición é “moi especial” e agradeceu o traballo de Sarmiento: “Foi ela quen prantexou esta posibilidade, e a nós pareceunos magnífico. Esta mostra podería estar en calquera outro lugar do mundo pero está en Ourense”.

Un percorrido pola historia da arte

A exposición “O amante do papel” conta con pezas que forman parte dunha colección privada integrada por máis de 2.000 pezas cedidas para a súa exposición pola Deputación de Ourense.

A colección exposta mostra máis de corenta debuxos, gravados, litografías ou serigrafías realizadas por artistas como Pablo Picasso, Rembrandt, Durero, Marc Chagall, Rubens ou Toulouse-Lautrec e abarcan períodos dende o século XV ata o século XXI. Deste modo, nun mesmo edificio convivirán a exposición “Ao redor do universo Beatle”, a maior e máis completa que se ten feito ata o de agora en España, e a mostra que mañá abrirá as súas portas, transformando así ó Centro Cultural Marcos Valcárcel nun punto de interese cultural de primeiro nivel, como recalcou o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

Un conductor pierde el control de su automóvil en Bande (Ourense) y cae al río desde un puente

OURENSE, 20 (EUROPA PRESS) Un conductor ha sufrido este lunes un siniestro en la localidad…

6 horas hace

Los habitantes de Ourense enfadadísimos con el nuevo mapa de España creado por madrileños

El DiSputado y su Mapa de España: Una visión humorística que enciende a la red…

8 horas hace

Homming mostrará en SIMA 2024 sus avances en automatización de la gestión de alquileres

homming, compañía 'proptech' en la categoría del property management, presentará en el Salón Internacional Inmobiliario…

8 horas hace

LaLiga registra ingresos récord y supera a empresas del Ibex-35

LALIGA es una de las marcas más reconocibles en España, y así lo indican numerosas…

9 horas hace

Universidad Alfonso X el Sabio es la número uno en empleabilidad en farmacia según Fundación CYD

El último ranking elaborado por la Fundación CyD reconoce a la Universidad Alfonso X el…

10 horas hace

ALUCINARÁS | El mejor vídeo del meteorito no ha sido en Ourense

Este fin de semana, un impresionante meteorito cruzó los cielos de España y Portugal durante…

12 horas hace

Esta web usa cookies.