A romaría Raigame regresa a Vilanova dos Infantes cunha homenaxe á figura do medico rural

A XIX edición da romaría foi presentada esta mañá na Deputación de Ourense, institución organizadora xunto co Concello de Celanova

Na presentación do programa de actividades da romaría, o deputado de Cooperación, Pablo Pérez sinalou que esta cita etnográfica “é un dos piares fundamentais para celebrar a festa das letras galegas, e con ela a cultura de Galicia, unha das liñas estratéxicas da acción do noso goberno”

O alcalde de Celanova, Antonio Puga, destacou a boa sintonía entre as institucións local e provincial para facer posible esta romaría e o labor conxunto dos traballadores de ambas entidades

A vila acollerá, ademais dos tradicionais postos artesanais, actividades de gastronomía, música, baile e teatro de rúa que permitirán viaxar a comezos do século XX

O premio Adolfo Enríquez deste ano será outorgado, a título póstumo, a José Gómez Vázquez, que fora médico da vila e activista cultural

Ourense, 12 de maio de 2022.- A romaría etnográfica Raigame regresa presencialmente a Vilanova dos Infantes o próximo 17 de maio, Día das Letras Galegas, con todas as súas habituais actividades lúdicas e culturais dedicando a súa XIX edición á figura do médico rural, coa entrega a título póstumo do premio “Adolfo Enriquez” a José Gómez Vázquez, que fora médico de Vilanova e presidente da banda de música da localidade. O programa da romaría foi presentado esta mañá no Pazo Provincial coa presencia do deputado de Cooperación, Pablo Pérez; o alcalde de Celanova, Antonio Puga e Xavier Álvarez, membro do Centro de Cultura Popular (CCP) Xaquín Lorenzo e secretario da revista “Raigame”.

Pablo Pérez mostrou o seu orgullo polo regreso presencial dunha romaría declarada Festa de Interese Turístico de Galicia  “que converte a Vilanova na capital da cultura galega, poñendo en valor os nosos oficios tradicionais e a propia vila”. Agradeceu ademais o traballo de todas as persoas implicadas na preparación do evento, organizado pola Deputación de Ourense -“co imprescindible e excelente traballo do CCP Xaquín Lorenzo”- e o Concello de Celanova, que permitirá a Vilanova “lucir as súas mellores galas”. Para a institución provincial, sinalou, esta cita etnográfica “é un dos piares fundamentais para celebrar a festa das letras galegas, e con ela a cultura de Galicia, unha das liñas estratéxicas da acción do noso goberno”.

Antonio Puga, destacou a boa sintonía entre as institucións local e provincial para facer posible esta romaría e o labor conxunto dos traballadores de ambas entidades. Para o rexedor municipal “é un orgullo poder celebrar o meu primeiro Raigame, xa que durante este mandato non tiven ocasión de desfrutalo como alcalde debido á situación sanitaria”.

Dende o ano 2002 que comezou esta “maneira diferente de celebrar a galeguidade e as tradicións”, pasaron moitas persoas por Vilanova e outras moitas participaron na súa organización, lembrou, pola súa banda Xavier Álvarez.

Durante a presentación tamén se deu a coñecer o premio honorífico “Adolfo Enríquez”, en memoria do párroco de Vilanova, que na edición de 2022 será entregado aos descendentes de José Gómez Vázquez, antigo médico da vila e no que se personifica o traballo que o longo da historia vén realizando no rural os profesionais sanitarios. O galardón, que inclúe unha escultura da torre de homenaxe da vila realizada polo artista Leandro Sánchez -presente na presentación da romaría-, recoñece tamén a colaboración activa que dende a primeira edición veñen demostrando os familiares do médico na organización da romaría.

Unha viaxe a comezos do século XX

Dende as 11,00 ata as 19.00 horas, Vilanova acollerá, ademais dos tradicionais postos artesanais, actividades de gastronomía, música, baile e teatro de rúa que permitirán viaxar a comezos do século XX, mostrando ademais os oficios da época e mesmo recreando a sociedade do momento a través da vestimenta.

Oficios como teares, fotógrafos, xoieiros, vidreiros, talleres de música tradicional, carpinteiros e zapateiros entre moitos outros, ambientarán as rúas da vila na que se darán tamén cita grupos de música, baile e teatro procedentes de diferentes lugares como Vedra, Monforte e León, ademais de agrupacións ourensás.

Deste modo as rúas de Vilanova volverán encherse de artesáns de oficios tradicionais e cultura popular, situando a esta vila celanovesa como punto de encontro da etnografía galega dous anos despois da última edición.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

Europa League y permanencia en juego: La penúltima jornada de LaLiga EA SPORTS promete emociones

En la próxima jornada 37 de LALIGA, que se inaugura este sábado 18 de mayo…

13 horas hace

Cuarta expedición de ISDIN a Mozambique efectúa cerca de 150 cirugías contra el cáncer de piel

Un total de 13 médicos especialistas en dermatología de 10 nacionalidades se han desplazado a…

17 horas hace

Marlons se incorpora a la financiación de Goiko y VICIO debido al boom de hamburguesas

Marlons, la emergente cadena de hamburgueserías conocida por sus auténticas “smash burgers” al estilo americano,…

17 horas hace

La influencia de las redes en la apariencia de las mujeres según Dove

El 33% de las mujeres sienten presión por alterar su apariencia debido a las imágenes…

18 horas hace

El papel de LALIGA en la financiación de los atletas españoles para París 2024

Este 2024, año de los Juegos Olímpicos de París que darán comienzo el próximo 26…

18 horas hace

Prepárate porque llega el mal tiempo este fin de semana a Ourense

La Agencia Estatal de Meteorología (AEMET) ha emitido una alerta para el próximo fin de…

20 horas hace

Esta web usa cookies.