A exposición “Ao redor do universo Beatle” suma centos de visitas de escolares

Cincuenta nenos do CEIP Amadeo Rodríguez Barroso coñeceron esta mañá no Marcos Valcárcel a mostra, considerada a mellor realizada en España sobre o mítico grupo de Liverpool

Ourense, 12 de maio de 2022.- A exposición “Ao redor do universo Beatle” segue sumando visitantes, converténdose tamén nun atractivo para as visitas de centos de escolares. Esta mañá coñeceron a mostra cincuenta nenos de 5º de Primaria do CEIP Amadeo Rodríguez Barroso, dentro da trintena de clases de colexios e institutos que xa teñen axendada a súa visita guiada á exposición, aberta no Centro Cultural Marcos Valcárcel ata o vindeiro 12 de xuño.

Os escolares e profesores contan no Marcos Valcárcel coa guía de Tatiana Feijóo, que adapta o formato da visita a “Ao redor do universo Beatle” segundo a idade dos rapaces: “A receptividade que estamos a ter nesta exposición é marabillosa, a verdade é que os nenos saen encantados”.

A mellor exposición adicada aos Beatles en España

Esta mostra ten sido definida como a mellor exposición realizada en España arredor dos Beatles. Reúne cerca de 300 pezas procedentes de distintas coleccións particulares que se mostran ao público en diferentes ambientes, recreando momentos imprescindibles na traxectoria do grupo, dende a icónica cama de Lennon e Yoko Ono ata a súa estadía na India, ademais dos libros e revistas.

Inaugurada durante a Ourense ICC Week, esta exposición coincide no Marcos Valcárcel co Alpinche e coa mostra “O amante do papel”, que reúne debuxos e gravados de artistas referentes da historia da arte coma Picasso ou Dalí e que se inaugura esta tarde.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

Emilio Sánchez Academy recibe distinción de excelencia por Middle States Athletics Program

La **Emilio Sánchez Academy** ha sido reconocida con la ‘**Middle States Athletics Program Distinction**’ por…

16 horas hace

Innovación primaveral en Caldea: cabina de hielo y vaporización de aromas

La primavera es un buen momento para adoptar unas rutinas de cuidado de la piel…

17 horas hace

Cambiar el modelo educativo con la inteligencia artificial, el consejo de expertos

La Inteligencia Artificial (IA) es una oportunidad para transformar el modelo educativo y replantear los…

18 horas hace

Atlántica alcanza un EBITDA de 164,2 millones de dólares en el primer trimestre y adquiere plantas eólicas en Reino Unido

La empresa Atlántica, una reconocida firma internacional en el sector de las energías renovables, ha…

20 horas hace

LaLiga tiene más mujeres en los consejos de administración que empresas cotizadas

La CNMV recogió en el Código de Buen Gobierno de la Comisión Nacional del Mercado…

21 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 8 de mayo de 2024

Hoy en Ourense tendremos nubes escasas. En cuanto a las temperaturas, oscilarán entre una máxima…

1 día hace

Esta web usa cookies.