Inicio Destacado Manuel Baltar defende na V Conferencia de presidentes provinciais de Valencia o...

Manuel Baltar defende na V Conferencia de presidentes provinciais de Valencia o papel clave das deputacións na captación e xestión de fondos europeos

O presidente da Deputación participa mañá venres nunha mesa redonda na que se abordará a importancia do financiamento da transformación dixital a través dos recursos comunitarios

A reunión dos gobernos provinciais naceu en 2014 a iniciativa de Manuel Baltar: “Consolídase como foro permanente de intercambio de experiencias e a descentralización de competencias, tamén de todas aquelas que aínda non atribuídas legalmente si son da nosa incumbencia”

Afirma que estes encontros “permiten falar da utilidade destas institucións, da súa capacidade para poñer en valor os recursos de cada territorio e defender os intereses de cada provincia seguindo o papel outorgado pola Constitución”

Ourense, 12 de maio de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, defenderá na V Conferencia de Presidencias de Deputacións Provinciais, Cabildos e Consellos Insulares, que comezou hoxe en Valencia, o papel clave que deben xogar os gobernos provinciais na captación e xestión de fondos europeos, nomeadamente dos Next Generation. Ante presidentas y presidentes provinciais de todos os signos políticos e da práctica totalidade das provincias españolas, Manuel Baltar participará mañá venres nunha mesa redonda na que se abordará a importancia do financiamento da transformación dixital a través dos recursos comunitarios

Leer más:   Autos Redondela: la mejor opción para hacerte con un vehículo de ocasión en Pontevedra

Valencia acolle esta quinta conferencia, logo da primeira convocatoria celebrada en 2014 a iniciativa de Manuel Baltar e secundada desde un primeiro momento pola Fundación Democracia e Goberno Local. Unha idea que se consolida, afirmou o presidente ourensán, “como foro permanente de intercambio de experiencias, onde se pon de manifesto a importancia dos gobernos provinciais e a descentralización de competencias, tamén de todas aquelas que aínda non atribuídas legalmente si son da nosa incumbencia”.

A punto de cumprir 200 anos –a Deputación de Ourense estará de aniversario o próximo 27 de maio- “estes encontros nos permiten falar da utilidade destas institucións, da súa capacidade para poñer en valor os recursos de cada territorio e defender os intereses de cada provincia seguindo o papel outorgado pola Constitución, ademais de afianzar a nosa condición de gobernos cooperadores por definición na España autonómica e na Europa comunitaria”.

Leer más:   Manuel Baltar define a "rendición de contas diaria ante os veciños" coma a "gran evolución política dos últimos tempos"

Reto demográfico e fondos europeos

Fondos Europeos para a recuperación: A importancia da transformación dixital é o título da mesa redonda na que mañá participará Manuel Baltar, que estará acompañado polos presidentes das deputacións de Ávila, Carlos García; Pontevedra, Carmela Silva; Segovia, Miguel Ángel de Vicente; Badaxoz, Miguel Ángel Gallardo; Albacete, Santiago Cabañero; e do Consell Insular de Mallorca, Catalina Cladera.

Con anterioridade celebrarase unha primeira mesa sobre O reto demográfico, coa participación dos titulares das deputacións de Huesca, Miguel Gracia; Burgos, César Rico; Castellón, José Pascual Martí; Girona, Miguel Noguer; Lugo, José Tomé; Soria, Benito Serrano; e Alacante, Carlos Mazón.

A quinta edición da conferencia de gobernos provinciais comezou hoxe no centro cultural La Beneficència de la capital valenciana con una conferencia sobre administración, democracia e goberno local, a cargo de Joaquín Tornos Mas, catedrático de Derecho Administrativo da  Universidade de Barcelona e doutor en Dereito pola Universidade de Bolonia.

Leer más:   Manuel Baltar critica na FEMP o "desprezo" amosado polo Goberno central ante as reclamacións das administracións locais

- Te recomendamos -
Artículo anteriorA exposición “Ao redor do universo Beatle” suma centos de visitas de escolares
Artículo siguienteEl preso de Pereiro de Aguiar asesinado recibió “al menos cuatro golpes importantes” en la cabeza con una barra metálica
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.