Inicio Destacado Manuel Baltar critica na FEMP o “desprezo” amosado polo Goberno central ante...

Manuel Baltar critica na FEMP o “desprezo” amosado polo Goberno central ante as reclamacións das administracións locais

Reunion en Madrid da Xunta de Goberno e Consello Territorial da FEMP

Manuel Baltar na Xunta de Goberno da FEMP 1

O presidente do Senado sauda a Manuel Baltar na recepcion o Consello Territorial da FEMP

Xunta de Goberno da FEMP 1

O presidente da Deputación de Ourense participou esta mañá en Madrid nas reunións da Xunta de Goberno e o Consello Territorial da FEMP

Manuel Baltar recriminou a pasividade do Goberno ante as inquedanzas das administracións locais, expostas en reiteradas ocasións nos dous máximos órganos de goberno da FEMP: “Nunca se vira na democracia española tanto desprezo polo mundo local coma o amosado nos últimos tempos pola Moncloa”

“O Goberno debe convocar xa a Comisión Nacional da Administración Local”, remarcou Manuel Baltar ante a necesidade de abordar cuestións clave como a distribución dos fondos europeos, un novo modelo de financiación local, a compensación polas perdas na recadación do imposto das plusvalías ou o impacto da suba de prezos e a inflación na realidade de concellos e deputacións

Ourense, 28 de xuño de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou esta mañá en Madrid nas reunións da Xunta de Goberno e do Consello Territorial da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

Leer más:   Un itinerario fotográfico aposta por poñer en valor o curso transfronteirizo do río Limia

Ó remate das xuntanzas dos máximos órganos de goberno da Federación Española de Municipios e Provincias, Manuel Baltar voltou a remarcar “a necesidade de que o Goberno  central convoque a Comisión Nacional da Administración Local (CNAL)”, para abordar aspectos clave como o papel das administracións locais no reparto e distribución dos fondos europeos de recuperación, ademais da negociación dun novo modelo de financiamento local ou a compensación polas perdas na recadación do imposto de plusvalías.

“Nunca se vira na democracia española tanto desprezo polo mundo local coma o amosado nos últimos tempos pola Moncloa”, lamentou o presidente da Deputación de Ourense, que reivindicou o traballo das administracións locais durante a pandemia e neste novo contexto socioeconómico.

Leer más:   A Deputación amplía a colaboración co Concello de Monterrei para continuar co proxecto de rehabilitación do balneario de Requeixo

O papel das administracións locais no reparto dos fondos europeos

A Xunta de Goberno e o Consello Territorial da FEMP foron celebradas por primeira vez no Senado, sendo os seus integrantes recibidos polo presidente da Cámara Alta, Ander Gil. En ambas reunións defendeuse a boa xestión de Concellos, Deputacións, Cabildos e Concellos Insulares na distribución dos fondos europeos, pedindo a xestión de 3.500 millóns de euros da nova partida asignada por Europa a España dentro dos Next Generation. O propio presidente da FEMP, Abel Caballero, anunciou a creación dunha comisión de alcaldes para abordar as posibles liñas de destino destes novos fondos europeos e comunicalas ao Goberno central.

Ademais, a FEMP voltou a remarcar esta mañá a necesidade dun fondo COVID dotado con 3.000 millóns de euros para as administracións locais e outro fondo compensatorio respecto as perdas do transporte público o ano pasado, ademais da supresión da normativa fiscal en 2023.

Leer más:   Detenido trabajador de emergencias por uso de lanzallamas en una protesta en Ourense

O Consello Territorial da FEMP abordou tamén a tensión sufrida polos gobernos locais provocada polo aumento dos custos e a inflación. Nesta liña, avanzouse a posibilidade de estudar a posibilidade de establecer impostos locais sobre as telecomunicacións e a rede eléctrica. E, entre outros asuntos, informouse de que se elevará unha reclamación ó Ministerio de Transición Ecolóxica para expoñer a “imposibilidade de executar a implantación das Zonas de Baixas Emisións (ZBE) nas cidades antes do 31 de decembro, cando a tramitación require entre 12 e 16 meses”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación reforza a seguridade viaria dos peóns en Allariz coa construción de beirarrúas na estrada de Santa Mariña
Artículo siguienteDemocracia Ourensana lleva al pleno una moción para exigir la dimisión de la secretaria general del PP gallego
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.