Inicio Destacado A Deputación reforza a seguridade viaria dos peóns en Allariz coa construción...

A Deputación reforza a seguridade viaria dos peóns en Allariz coa construción de beirarrúas na estrada de Santa Mariña

Supervision das obras de mellora da estrada de Santa Marina en Allariz 2

O deputado de Cooperación, Pablo Pérez, acompañado pola alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, supervisou esta mañá o resultado dun proxecto que terá continuidade en 2023 con novas beirarrúas na outra marxe da estrada. Unha actuación máis “que demostra a vocación de colaboración do goberno provincial cos concellos”

Cristina Cid subliñou que as obras “permiten definir claramente a calzada, as zonas destinadas a aparcamento e para os peóns”. Un proxecto de urbanización “para unha das entradas máis importantes que ten Allariz”

As obras completaranse co soterrado do cableado, axardinamento de espazos e maila instalación de mobiliario urbano

Allariz, 28 de xuño de 2022.- O deputado de Cooperación, Pablo Pérez, acompañado pola alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, supervisou esta mañá o resultado das obras realizadas pola Deputación de Ourense na estrada de Santa Mariña, onde grazas á construción de beirarrúas refórzase a seguridade viaria dos peóns que transitan por esta zona próxima ao casco urbano de Allariz. Unha visita na que tamén estivo presente a portavoz do grupo municipal do PP, Luz Doporto.

Leer más:   O vicepresidente Rosendo Fernández participou na entrega de premios do 55 Rallye de Ourense

Pablo Pérez destacou que se trata dunha actuación máis “que demostra a vocación de colaboración do goberno provincial cos concellos”, anunciando que o proxecto realizado neste punto da vila terá continuidade en 2023 coa construción de novas beirarrúas na outra marxe da estrada.

Cristina Cid subliñou entre tanto que as obras xa realizadas “permiten definir claramente a calzada, as zonas destinadas a aparcamento e para os peóns”. Un proxecto de urbanización “para un espazo como este, que é unha das entradas máis importantes que ten Allariz”, engadiu a alcaldesa.

Cun orzamento de 80.000 euros, as obras realizáronse nun tramo de máis de 200 metros da estrada de Santa Mariña (OU-0151 de titularidade provincial), incluíndo ademais das novas beirarrúas a instalación de conducións para soterrar o cableado aéreo que discorre pola zona. Unha actuación á que se engadirá o axardinamento dos espazos habilitados e a instalación de mobiliario urbano.

Leer más:   A Deputación asume o financiamento para a urbanización dos terreos do novo centro de saúde de Boborás

Acondicionamento en espazos rurais

Este proxecto súmase ao acordo de colaboración pechado a principios de mes entre Manuel Baltar e Cristina Cid para a execución de obras de acondicionamento en espazos rurais do municipio, referidas fundamentalmente a rúas e proxectos de recuperación do patrimonio. Unha liña de cooperación que quedará reflectida na modificación de créditos que se presentará ao pleno do mes de setembro.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO vicepresidente Rosendo Fernández asistiu á cerimonia de entrega das Medallas Castelao 2022
Artículo siguienteManuel Baltar critica na FEMP o “desprezo” amosado polo Goberno central ante as reclamacións das administracións locais
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.