Manuel Baltar: “Rueda coñece as nosas necesidades e proxectos estratéxicos, e desde Ourense seguiremos demostrando capacidade de cooperación co Goberno galego”

O presidente da Deputación asistiu esta mañá no Parlamento galego á toma de posesión do novo presidente da Xunta. “Unha gran xornada que vai dar paso a un goberno de unidade, continuidade e moderación”

Subliñou o expreso compromiso de Alfonso Rueda “con Galicia e o galeguismo, e por suposto tamén con Ourense”. Valorou positivamente o anuncio dun área termal no Goberno galego, “consecuencia de apostar polo territorio co maior potencial termal de Europa e da miña reelección como presidente da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais”

Expresou o seu orgullo polo protagonismo ourensán no solemne acto de hoxe, ao que lle puxo música a Real Banda de Gaitas da Deputación, “pero tamén polo importante papel que sempre xogamos nas institucións galegas, con representación na presidencia do Parlamento ou no propio Goberno de Galicia”

Ourense, 14 de maio de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asistiu hoxe no Parlamento de Galicia á toma de posesión do novo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, do que destacou “o coñecemento das nosas necesidades e proxectos estratéxicos como provincia, plans que temos ao alcance da man porque desde Ourense seguiremos demostrando a capacidade de cooperación co Goberno galego”.

O presidente provincial cualificou o acto desta mañá como “unha gran xornada que vai dar paso a un goberno de unidade, continuidade e moderación”, subliñando o expreso compromiso de Alfonso Rueda “con Galicia e o galeguismo, e por suposto tamén con Ourense”.

Nesta liña valorou satisfactoriamente o anuncio realizado esta semana por Alfonso Rueda no Parlamento como candidato á presidencia da Xunta, onde avanzou a creación dunha área específica de Termalismo no seu goberno e con sede en Ourense. Para Manuel Baltar esta é a consecuencia de apostar polo territorio co maior potencial termal de Europa e pola súa reelección como presidente da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais (EHTTA).

Un mandato que se estenderá ata 2026, “ano no que abriremos no Pazo Provincial un balneario de referencia, proxecto no que tamén vai colaborar a Xunta de Galicia e que será o emblema de Europa en Ourense, como a cidade mellor conectada de Galicia grazas ao AVE e co maior número de quilómetros de fronteira con Portugal, condición transfronteiriza que debemos aproveitar”.

Manuel Baltar expresou o seu orgullo polo protagonismo ourensán no solemne acto de hoxe, ao que lle puxo música a Real Banda de Gaitas da Deputación, “pero tamén polo importante papel que sempre xogamos nas institucións galegas, con representación da nosa terra na presidencia do Parlamento, ou no propio Goberno de Galicia”.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

Atlántica alcanza un EBITDA de 164,2 millones de dólares en el primer trimestre y adquiere plantas eólicas en Reino Unido

La empresa Atlántica, una reconocida firma internacional en el sector de las energías renovables, ha…

2 horas hace

LaLiga tiene más mujeres en los consejos de administración que empresas cotizadas

La CNMV recogió en el Código de Buen Gobierno de la Comisión Nacional del Mercado…

2 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 8 de mayo de 2024

Hoy en Ourense tendremos nubes escasas. En cuanto a las temperaturas, oscilarán entre una máxima…

16 horas hace

ALERTA FLiRT, una nueva y muy contagiosa variable del Covid podría llegar a Ourense

¡FLiRT, la nueva variante de COVID-19, que está arrasando en Estados Unidos y que puede…

1 día hace

Madrid, el nuevo bastión del ‘Smash Burgers’ con Marlons y VICIO a la vanguardia

Madrid se ha convertido en el epicentro de la creciente tendencia de las smash burgers,…

1 día hace

Gonzalo Mairata Corominas ficha por Sagardoy Abogados como abogado del Estado

Sagardoy Abogados anunció este lunes la incorporación como socio de Gonzalo Mairata Corominas (Madrid, 1978),…

1 día hace

Esta web usa cookies.