Deputación e Amigos da Vía da Plata avanzan na organización do congreso internacional dos Camiños de Santiago, que se celebrará en Ourense en 2023

O congreso, que se celebrará entre o 20 e o 23 de abril do vindeiro ano, reunirá a máis de 300 persoas de 20 nacionalidades

O presidente da Deputación resalta a “visibilidade” internacional que proporciona a Vía da Plata á provincia: “Para nós é fundamental impulsala, e unha obriga colaborar coa Asociación Cultural de Amigos da Vía da Plata”

José Antonio Quintas, vicepresidente desta asociación e responsable do comité organizador, define o congreso como “un gran acontecemento para Ourense” e recalca o apoio de Baltar: “Se non fora por el, isto non sucedería”

Ourense, 14 de maio de 2022.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial á directiva da Asociación Cultural Amigos Camiño Mozárabe – Vía da Plata, encabezada polo seu presidente na provincia, José Luis Rodríguez Cid, para avanzar nos preparativos do 13º Congreso Internacional dos Camiños de Santiago que se celebrará en Ourense do 20 ao 23 de abril do próximo ano.

Unha cita que converterá á cidade ourensá na capital da peregrinación xacobea. “Esta é unha vía perfecta para promocionar a provincia e, sobre todo, para poñer en valor a Vía da Plata”, sinalou o presidente do goberno provincial, lembrando que “dentro das moitas potencialidades de Ourense, esta é unha delas. Por iso para nós é fundamental esta ruta, que atraviesa a terceira parte dos concellos da provincia. E levamos tempo impulsándoa en colaboración coa Asociación Cultural Amigos da Vía da Plata, facéndolle o camiño máis cómodo aos visitantes”.

O presidente da Deputación resalta a “visibilidade” internacional que proporciona a Ourense o Camiño Mozárabe e, nese contexto, o papel xogado pola Asociación Cultural de Amigos da Vía da Plata: “A súa labor é fundamental dentro da potenciación deste Camiño, transcendental para este goberno do mesmo xeito que impulsamos o Camiño de Inverno ou o Miñoto-Ribeiro”.

Manuel Baltar recalca o traballo da asociación: “Para a Deputación de Ourense é unha obriga colaborar con eles. Fixemos un encontro nacional de Amigos do Camiño de Santiago, e agora o prantexamento xa é facelo internacional. Temos o plácet da organización para desenvolvelo en Ourense, están traballando con moita ilusión e esforzo”.

Inauguración no Teatro Principal e actividades no Marcos Valcárcel

Nesta primeira reunión oficial tamén participaron os vicepresidentes Eligio Nieto e José Antonio Quintas, este último presidente do comité organizador. Manuel Baltar repasou cos directivos algúns dos detalles dun evento que reunirá a máis de 300 asociacións xacobeas procedentes de ata unha vintena de países. Unha cita que conta co apoio da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago e mailo aval de corenta asociacións federadas, que aprobaron por unanimidade a proposta de Ourense como sede”. O congreso comezará o 20 de abril co acto de inauguración a celebrar no Teatro Principal, proseguirá con mesas redondas e conferencias no Centro Cultural Marcos Valcárcel, e rematará o domingo, día 23, cun acto relixioso na Catedral de Ourense.

“Este é todo un acontecemento para Ourense”, manifestou José Luis Rodríguez Cid, que agradeceu “o empeño e aposta do presidente da Deputación por este congreso, na liña de apoio total á nosa asociación e ao impulso da Vía da Plata. Se non fora por Manuel Baltar, isto non sucedería”. Para Rodríguez Cid o evento supón “un auténtico impulso para o Camiño e para o conxunto da provincia, xa que ademais dos relatorios e mesas redondas tamén haberá tempo para realizar visitas a lugares como a Ribeira Sacra, Allariz ou, Ribadavia, entre outros”.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

Torralbenc, Experimental, Faustino Gran y Son Vell entre los hoteles destacados de Menorca

Baleares es uno de los destinos preferidos del turismo internacional y Menorca se ha convertido…

6 horas hace

Tras presentar resultados, Fluidra cierra la semana con un 13 % de subida

Fluidra se ha convertido en uno de los grandes protagonistas de la semana bursátil, con…

13 horas hace

El sector inmobiliario reclama más planificación a pesar del consenso en reformas normativas

Alcanzar un cambio de paradigma del sector con todas las reformas normativas que se están…

15 horas hace

Marlons busca rivalizar con Vicio como la nueva sensación de los smash burgers en Madrid

Marlons ha emergido como la revelación en el mundo del 'smash' burgers en Madrid, estableciéndose…

16 horas hace

La sostenibilidad urbana como compromiso global para un futuro verde

En la era contemporánea, la sostenibilidad emerge como un pilar fundamental, tanto en el ámbito…

19 horas hace

Detenido en Suiza un hombre buscado por apuñalar a un policía en Ourense y traficar con drogas

La operación de búsqueda Un hombre, que estaba siendo buscado por la policía tras apuñalar a un…

21 horas hace

Esta web usa cookies.