Inicio Destacado Manuel Baltar cualifica como “falta de consideración” o silencio do Goberno fronte...

Manuel Baltar cualifica como “falta de consideración” o silencio do Goberno fronte á petición da FEMP de abordar a xestión dos fondos europeos

A alcaldesa de Cartaxena, Noelia Arroyo; o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o alcalde de Alicante, Luis Barcala, e a alcaldesa de Teruel, Emma Buj, na Xunta Directiva da FEMP. 

Xunta de Goberno da FEMP

A Xunta de Goberno da federación, reunida esta mañá en Madrid, reclama a urxente convocatoria da Comisión Nacional de Administracións Locais co fin de abordar os problemas que provocan os axustados prazos para a execución dos fondos Next Generation

O presidente da Deputación empraza ao Executivo da nación a cumprir coa súa obriga política e moral: “Reunirse co máximo órgano de goberno do mundo local español para coñecer a situación de desamparo e incerteza dos concellos”

Madrid, 31 de maio de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou esta mañá en Madrid na reunión da Xunta de Goberno da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que reclamou ao Executivo central a urxente convocatoria da Comisión Nacional de Administracións Locais, co fin de abordar, entre outras cuestións, os problemas que están causando os axustados prazos para a execución dos fondos europeos Next Generation. Unha reunión xa solicitada hai meses pero que só obtivo o silencio como resposta, “o que supón unha falta de consideración non só coa propia federación, senón tamén, e aínda máis importante, con todo o mundo local español”, lamenta Manuel Baltar.

Leer más:   Fallece un joven de 20 años en las cascadas de Tourón

Concellos e deputacións expresaron na reunión desta mañá a súa preocupación polos problemas que teñen á hora de executar proxectos financiados cos fondos europeos de recuperación, debido principalmente ás dificultades coas que se atopan para o cumprimento duns prazos moi axustados. “Unha circunstancia que require de solucións inmediatas, como a habilitación de prórrogas, para evitar que se teñan que devolver eses fondos”, advirte Manuel Baltar.

O presidente do goberno provincial tamén reclama a inmediata convocatoria da Comisión Nacional de Administracións Locais (CNAL), “porque queremos que o Goberno perciba directamente a nosa preocupación nunha xuntanza presencial, e non por carta”. Os concellos, destaca Manuel Baltar, están hoxe nunha situación de debilidade económica “e o Goberno da nación debe ser sensible e cumprir coa súa obriga política e moral: reunirse co máximo órgano de goberno do mundo local español”. Só deste modo poderán coñecer “a situación de desamparo e incerteza dos concellos no que se refire á xestión dos fondos Next Generation”.

Leer más:   O "Family Day" pechou a segunda edición da Mobile Week Ourense aproximando as novas tecnoloxías aos nenos, pais e educadores

Manuel Baltar pide un Executivo que saiba “dialogar e escoitar”, actitudes fundamentais para ter en conta as necesidades reais da veciñanza, engadindo que “non só falamos dos concellos máis poboados, senón dos menos habitados e con menos recursos, que son os que necesitan máis apoio das administracións”.

Inquedanzas das administracións locais

A Xunta de Goberno da FEMP tamén esixe abordar nesta próxima reunión da CNAL a necesidade de compensar ás administracións locais pola perda recaudatoria que supón para os gobernos locais a nova normativa do tributo das plusvalías. Para esta xuntanza de traballo tamén prantexan os problemas derivados da suba de prezos de materiais en obras xa contratadas e diversas cuestións encadradas na financiación local.

Leer más:   A Coupe de la Jeunesse acredita Ourense coma sede: “Estamos convencidos que será unha edición moi exitosa”

A Xunta de Goberno aprobou a firma de dous de convenios de colaboración da FEMP co Ministerio de Interior: un coa Dirección General de Protección Civil y Emergencias e outro coa Secretaría General de Instituciones Penitenciarias, referido ao “cumplimiento de penas en beneficio de la Comunidad”. Ademais, entre outras cuestións, a Federación aprobou o documento “Medidas para la Mejora de la Eficiencia Energética en las Ciudades”, e unha declaración institucional con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBI.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación colabora no XII Encontro Internacional de Poesía “Víctor Campio”
Artículo siguienteMuere una persona al caer por un desnivel con un tractor en Monterrei (Ourense)
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.