Inicio Destacado César Fernández participa na homenaxe da Cooperativa Lácteas Unidas á Florencio Delgado...

César Fernández participa na homenaxe da Cooperativa Lácteas Unidas á Florencio Delgado Gurriarán polo Día das Letras Galegas

Ourense, 16 de maio de 2022.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, César Fernández, participou esta mañá no Centro Cultural Marcos Valcárcel no acto de homenaxe organizado pola Cooperativa Lácteas Unidas (Clun) á Florencio Delgado Gurriarán con motivo da celebración, mañá martes, do Día das Letras Galegas.

Acompañado polo director xeral de Clun, Juan Gallastegui, o vicepresidente provincial felicitou á cooperativa por ir máis aló do compromiso empresarial e social co territorio, “contribuíndo á promoción dun elemento fundamental da identidade dun pobo como é a nosa lingua”.

Juan Gallastegui sinalou pola súa banda que desde hai anos unha das marcas da cooperativa, Feiraco, lanza unha edición especial de bricks de leche coa imaxen do homenaxeado polas Letras Galegas, “nunha aposta pola cultura e o patrimonio galegos”.

Leer más:   Los diez imprescindibles para un festival en Ourense

O acto incluíu unha actuación a cargo do músico do Barco de Valdeorras, Ramiro Núñez, máis coñecido como “Sr. Jingles”, que interpretou unha selección de poemas musicados de Florencia Guarriarán.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Museo da Cornamusa da Deputación homenaxea nunha exposición á figura dos 25 gaiteiros máis relevantes na historia de Galicia
Artículo siguienteOurense transfórmase en “protagonista de película” coa rodaxe dunha nova produción audiovisual patrocinada pola Deputación: “13 exorcismos”
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.