Inicio Destacado Ourense transfórmase en “protagonista de película” coa rodaxe dunha nova produción audiovisual...

Ourense transfórmase en “protagonista de película” coa rodaxe dunha nova produción audiovisual patrocinada pola Deputación: “13 exorcismos”

Jacobo Sutil Silma Lopez Maria Romanillos e Manuel Baltar

Manuel Baltar visitou hoxe no CEIP de Prácticas a gravación desta nova produción audiovisual patrocinada pola Deputación, dirixida por Jacobo Martínez e protagonizada por José Sacristán e  Ruth Díaz. “Ninguén pode estrañarse xa por ver a equipos técnicos e artísticos traballando en Ourense ou en calquera punto do noso territorio nun cinema de alta velocidade”

O director mostrou o seu agradecemento á Deputación “por ofrecernos a cidade” para esta rodaxe, todo un descubrimento fronte a outras candidatas e onde atopamos numerosos lugares que reunían o que buscábamos”

A cinta narra o último caso de exorcismo documentado en España a través da historia dunha adolescente con estraños comportamentos, obrigando á familia a recorrer a un dos especialistas autorizados polo Vaticano

Ourense, 16 de maio de 2022.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visitou hoxe no CEIP de Prácticas da capital a rodaxe da película 13 exorcismos, unha nova produción audiovisual dirixida por Jacobo Martínez e protagonizada por José Sacristán e  Ruth Díaz e que conta co patrocinio da institución provincial. Acompañado polo director da cinta e Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais, que tamén apoia esta longametraxe, Manuel Baltar celebrou que con esta rodaxe “avancemos un paso máis nesa liña estratéxica marcada desde a Deputación para facer unha provincia de cine”.

Leer más:   ¿Buscas trabajo para este verano? Estos son los puestos ofrecidos en Sanxenxo

O presidente asegurou que esta aposta do goberno provincial “aumentará en intensidade nos próximos anos, unha aposta que será gañadora porque a cultura non ten inimigos”. Para Manuel Baltar, “ninguén pode estrañarse xa por ver a equipos técnicos e artísticos traballando en Ourense ou en calquera punto do noso territorio nun cinema de alta velocidade”.

“Somos herdeiros desa tradición que vencella a Ourense coas orixes do cinema en Galicia”, destacou Baltar poñendo en valor a Fundación Carlos Velo, “a única entidade galega do audiovisual á que ademais temos encomendado desde a Deputación a xestión do festival de cine de Galicia, que é o de Ourense”. O presidente da Deputación, que conversou na rodaxe coas actrices Cristina Castaño, Silma López e María Romanillos, lembrou que estes días coinciden en Ourense a rodaxe de tres filmes patrocinados pola Deputación: La manzana de oro, Honeymoon e 13 exorcismos.

Leer más:   Acto de hermanamiento de la Diputación de Ourense con el gobierno provincial ecuatoriano de Tungurahua

Jacobo Martínez mostrou o seu agradecemento á Deputación “por ofrecernos a cidade” para esta rodaxe, todo un descubrimento fronte a outras candidatas e onde atopamos numerosos lugares que reunían o que buscábamos”. Rúas, igrexas, o antigo hospital e o propio instituto “achegan un equilibrio moi importante a esta historia, ata o punto de transformar a Ourense nunha das protagonistas da película”

Entre tanto, Jacobo Sutil destacou o bo momento no que se atopa o sector en Galicia, sinalando que este proxecto tamén conta co apoio da Xunta de Galicia a través do “Hub audiovisual”, onde as catro producións financiadas teñen un impacto económico na nosa comunidade que supera os 15 millóns de euros.

Producida por Bambú Producciones, Mr. Fields & Friends Cinema e Atresmedia, 13 exorcismos continuará durante alo menos dúas semanas máis a rodaxe de escenas en distintas localizacións da capital. A película narra o último caso de exorcismo documentado en España a través da historia dunha adolescente con estraños comportamentos. A súa familia, extremadamente católica, recorrerá a un dos especialistas autorizados polo Vaticano para intervir nos casos de posesión do diaño.

Leer más:   Accidente entre coche y autobús escolar en Esgos deja una herida

- Te recomendamos -
Artículo anteriorCésar Fernández participa na homenaxe da Cooperativa Lácteas Unidas á Florencio Delgado Gurriarán polo Día das Letras Galegas
Artículo siguienteEl presidente de la Diputación de Ourense elogia la “decisión inteligente” de dar continuidad al Gobierno de Feijóo
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.