A Deputación liderará a representación ourensá na Agrupación Europea de Cooperación Transfronteiriza da Reserva da Biosfera do Gêres-Xures

O vicepresidente segundo do goberno provincial, César Fernández, participou hoxe en Terras do Bouro (Portugal) na reunión da Comunidade Intermunicipal do Alto Minho da que saíu este novo proxecto de cooperación

Unha nova entidade que se espera estea constituída antes de finais de ano e que terá entre os seus principais obxectivos “a captación de fondos europeos para a dinamización deste espazo nos máis diversos ámbitos”, destacou Fernández

A Deputación establecerá os concellos que formarán parte do proxecto, non menos de dez, xa que ademais dos situados na Reserva da Biosfera Gêres-Xurés tamén poderían sumarse outros municipios próximos

Terras do Bouro, 20 de maio de 2022.- A Deputación de Ourense liderará a representación dos concellos ourensáns que participarán na Agrupación Europea de Cooperación Transfronteiriza dos territorios da Reserva da Biosfera Gêres-Xurés. Unha entidade de nova creación que se espera estea constituída antes de finais de ano e que terá entre os seus principais obxectivos “a captación de fondos europeos para a dinamización deste espazo nos máis diversos ámbitos”, destacou o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, trala conclusión do encontro celebrado hoxe en Terras do Bouro pola Comunidade Intermunicipal do Alto Minho.

Na reunión participaron os representantes das cámaras municipais de Ponte da Barca, Montalegre, Arcos de Valdevez e Melgaço, ademais de Terras do Bouro como anfitriona. Por parte galega e xunto con César Fernández acudiu á convocatoria o secretario da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, Xosé Lago.

O vicepresidente segundo da Deputación valorou positivamente a decisión de iniciar un proxecto transfronteirizo, “un máis para a provincia con máis quilómetros de fronteira con Portugal”, onde as prioridades estará no desenvolvemento do territorio a través do coidado do medioambiente, da conservación e promoción do patrimonio arquitectónico e material, “ademais de medidas de carácter social e de reto demográfico”.

César Fernández avanzou que será a Deputación a que estableza os concellos que formarán parte do proxecto, non menos de dez, xa que ademais dos situados na Reserva da Biosfera Gêres-Xurés tamén poderían sumarse outros municipios próximos.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 18 de mayo de 2024

Durante el día de hoy en Ourense se prevén cielos cubiertos con lluvia. En cuanto…

15 horas hace

Europa League y permanencia en juego: La penúltima jornada de LaLiga EA SPORTS promete emociones

En la próxima jornada 37 de LALIGA, que se inaugura este sábado 18 de mayo…

1 día hace

Cuarta expedición de ISDIN a Mozambique efectúa cerca de 150 cirugías contra el cáncer de piel

Un total de 13 médicos especialistas en dermatología de 10 nacionalidades se han desplazado a…

1 día hace

Marlons se incorpora a la financiación de Goiko y VICIO debido al boom de hamburguesas

Marlons, la emergente cadena de hamburgueserías conocida por sus auténticas “smash burgers” al estilo americano,…

1 día hace

La influencia de las redes en la apariencia de las mujeres según Dove

El 33% de las mujeres sienten presión por alterar su apariencia debido a las imágenes…

1 día hace

El papel de LALIGA en la financiación de los atletas españoles para París 2024

Este 2024, año de los Juegos Olímpicos de París que darán comienzo el próximo 26…

1 día hace

Esta web usa cookies.