Ourense, 20 de maio de 2022.- O vicepresidente primeiro da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, asistiu esta tarde ó acto de entrega da distinción de Colexiado de Honra ó economista ourensán Guillermo Diez, que tivo lugar na sede de Afundación. Con esta homenaxe, o Colexio de Economistas de Ourense -do que Guillermo Díez foi presidente entre 2013 e 2019- recoñeceu a contribución de Díez á entidade, actualmente presidida por Carmen Sampayo, anfitriana do acto desta tarde.
A homenaxe a Guillermo Díez estivo encabezada polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e contou coa presenza do presidente do Consello Económico e Social de España, Antón Costas; o delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén; o presidente do Consello Xeral de Economistas de España, Valentí Pich ou o presidente do Consello Galego de Economistas, Miguel Vázquez Taín.
LALIGA es una de las marcas más reconocibles en España, y así lo indican numerosas…
El último ranking elaborado por la Fundación CyD reconoce a la Universidad Alfonso X el…
Este fin de semana, un impresionante meteorito cruzó los cielos de España y Portugal durante…
Hoy por la mañana en Ourense se prevén más nubes que claros con lluvia. Por…
Durante las primeras horas del día en Ourense habrá cielos nubosos con tormentas acompañadas de…
En la próxima jornada 37 de LALIGA, que se inaugura este sábado 18 de mayo…
Esta web usa cookies.