Inicio Destacado Rosendo Fernández asistiu á entrega da distinción de Colexiado de Honra ó...

Rosendo Fernández asistiu á entrega da distinción de Colexiado de Honra ó economista Guillermo Díez

Rosendo Fernandez e Guillermo Diez 2

Ourense, 20 de maio de 2022.- O vicepresidente primeiro da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, asistiu esta tarde ó acto de entrega da distinción de Colexiado de Honra ó economista ourensán Guillermo Diez, que tivo lugar na sede de Afundación. Con esta homenaxe, o Colexio de Economistas de Ourense -do que Guillermo Díez foi presidente entre 2013 e 2019- recoñeceu a contribución de Díez á entidade, actualmente presidida por Carmen Sampayo, anfitriana do acto desta tarde.

A homenaxe a Guillermo Díez estivo encabezada polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e contou coa presenza do presidente do Consello Económico e Social de España, Antón Costas; o delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén; o presidente do Consello Xeral de Economistas de España, Valentí Pich ou o presidente do Consello Galego de Economistas, Miguel Vázquez Taín.

Leer más:   Recepción no Pazo Provincial ao C.D. Burela de fútbol sala feminino, que esta fin de semana compite en Cartelle no II Torneo Internacional Ourensanía

- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación liderará a representación ourensá na Agrupación Europea de Cooperación Transfronteiriza da Reserva da Biosfera do Gêres-Xures
Artículo siguienteA Deputación lidera unha candidatura para potenciar a competitividade do sector enogastroturístico ourensán a través dos fondos Next Generation
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.