Inicio Destacado A Deputación de Ourense e a Ruta do Viño de Valdeorras porán...

A Deputación de Ourense e a Ruta do Viño de Valdeorras porán en valor as covas que funcionaban como adegas tradicionais

A Deputación de Ourense e a Ruta do Viño de Valdeorras porán en valor as covas que funcionaban como adegas tradicionais

Manuel Baltar, que se reuniu co presidente da asociación, Joaquín Sánchez, referendou “unha alianza baseada no serio traballo que está a facer este sector e ao que temos que achegar a forza económica da Deputación e o músculo do Inorde”

Sánchez agradeceu o apoio do goberno provincial que se concretará en senllas achegas de 30.000 euros nas anualidades de 2022 e 2023 para gastos de funcionamento e proxectos como a recuperación das covas ou a segunda edición da BTT de Valdeorras

Ourense, 29 de maio de 2022.- A Deputación de Ourense e a Ruta do Viño de Valdeorras colaborarán na posta en valor das covas da comarca que antigamente funcionaban como adegas tradicionais, sendo a única denominación de orixe de Galicia en utilizar espazos escavados na terra para esta produción. O presidente provincial, Manuel Baltar, e o presidente da Ruta do Viño valdeorresa, Joaquín Sánchez, mantiveron unha reunión na que referendaron “unha alianza baseada no serio traballo que está a facer este sector e ao que temos que achegar a forza económica da Deputación e o músculo do Inorde”, manifestou Baltar.

Leer más:   Manuel Baltar reivindica o Estatuto de Autonomía: “Trouxo progreso, desenvolvemento e autogoberno”

Valdeorras é unha denominación clave entre as catro áreas de produción da provincia con selo de calidade e entre as cinco existentes en Galicia, “coa que colaboramos desde hai anos porque cremos que non só desde o punto de vista enolóxico, senón tamén turístico, ten un peso importante de seu”, explicou o presidente provincial. A Deputación, lembrou, forma parte desta ruta do viño “como tamén das outras existentes na provincia, polo que fixemos un esforzo importante nos últimos anos para dotalas cunha achega económica que permita que os seus gastos de funcionamento e proxectos vaian adiante”.

Nesta liña Manuel Baltar invitou ao presidente da Ruta do Viño de Valdeorras a coñecer aqueles proxectos nos que traballa a Deputación, a través do Inorde, e que poden ser do seu interese, “como tamén hai plans que promove a ruta e que baixo o amparo do goberno provincial poden ter máis potencial”.

Leer más:   Ana Villarino participa na inauguración da XXIII Feira do Viño de Valdeorras

Durante o encontro que mantivo co presidente provincial, Joaquín Sánchez estivo acompañado pola vicepresidenta da ruta, Montserrat Rodríguez, e a técnica Cristina Núñez. Sánchez agradeceu a colaboración da Deputación, que se concretará en senllas achegas de 30.000 euros nas anualidades de 2022 e 2023 para financiar gastos de funcionamento e proxectos.

Aproveitamento da xeoloxía como aspecto distintivo

No tocante as actividades e xunto coa organización da segunda edición da BTT de Valdeorras, logo do éxito do pasado ano, Joaquín Sánchez puxo énfase na recuperación das covas da comarca onde se producía viño. “Un aspecto distintivo polo aproveitamento da nosa xeoloxía para elaborar e conservar o viño e que agora queremos poñer en valor”, asegurou.

Leer más:   Corenta coches antigos sairán de Xunqueira de Ambía na V ruta turística e gastronómica "Monasterios y Castillos"

Para o presidente da Ruta do Viño de Valdeorras, o potencial turístico da comarca é innegable, de aí a colaboración que manteñen con outras entidades da zona como o Clúster da Lousa e as posibilidades que ofrece o turismo industrial, un novo recurso que tamén conta co apoio da Deputación de Ourense.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorFormoso (PSdeG) asegura que “devolverán la dignidad a Ourense” y “mandarán al cajón de la historia” a Jácome y a Baltar
Artículo siguienteManuel Baltar aposta por unha “alianza supracontinental” para promover o termalismo europeo no mercado dos Estados Unidos
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.